Ensemble de música de cámara Das Kolorit | © Das Kolorit

A música antiga, fresca e contemporánea de Das Kolorit abrirá a nova tempada da Sociedade Filarmónica de Pontevedra

4 Setembro 2024

A Sociedade Filarmónica de Pontevedra comeza a súa tempada 2024-2025 o xoves 19 de setembro, ás 20:30 horas, cun concerto no Teatro Principal de Pontevedra, a cargo do ensemble Das Kolorit.

O grupo está especializado na interpretación con instrumentos históricos de música de cámara virtuosa, para o que explora novas sonoridades e perspectivas para un entendemento diferente da música clásica e crear así unha atmosfera de concerto vibrante, na que se percibe toda a emoción que os artistas tratan de transmitir.

No programa ‘L’arte di Passeglare’ interpretarán obras de Francesca Caccini, Tarquinio Merula, Girolamo Frescobaldi, Orlando di Lasso, Salomone Rossi, Andrea Falconieri, Maurizio Cazzati, Francesco Rognoni Taeggio, Diego Ortiz, Francesco de Layolle, Johann H. Kapsberger e Bartolomé de Selma y Salaverde.

Aínda que esta música teña xa 400 anos de antigüidade, resoará en concerto cun estilo fresco e renovado a través dunha coidada e inspiradora instrumentación.



Os concertos da tempada 2024-2025 da Sociedade Filarmónica de Pontevedra, que terán lugar no Teatro Principal e no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra, son os seguintes:

XOVES 19 SETEMBRO 2024

  • DAS KOLORIT
  • Teatro Principal de Pontevedra – 20:30 h.
  • Ensemble de música de cámara con instrumentos históricos
  • Programa: ‘L’arte di Passegiare’
  • Obras de Francesca Caccini, Tarquinio Merula, Girolamo Frescobaldi, Orlando di Lasso, Salomone Rossi, Andrea Falconieri, Maurizio Cazzati, Francesco Rognoni Taeggio, Diego Ortiz, Francesco de Layolle, Johann H. Kapsberger e Bartolomé de Selma y Salaverde.

VENRES 11 OUTUBRO 2024

  • REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
  • Auditorio Sede Afundación Pontevedra – 20:30 h.
  • Director: Sebastian Zinca
  • Obras de Eduardo Soutullo, Vaughan Williams e Sibelius
  • Recollida de entradas socios: Días 9 e 10 de outubro no local da Sociedad Filarmónica (Rúa Tetuán, baixo Teatro Principal) de 17:00 a 20:00 h., ou o mesmo día do concerto no vestíbulo do Auditorio de Afundación a partir das 19:00 h.

LUNS 14 OUTUBRO 2024

  • TRÍO FORTUNY
  • Joel Bardolet (violín), Pau Codina (violonchelo) e Marc Heredia (piano)
  • Teatro Principal de Pontevedra – 20:30 h.
  • Obras de Beethoven, Beach e Tchaikovski

MARTES 19 NOVEMBRO 2024

  • MIYU SHINDO (piano)
  • Teatro Principal de Pontevedra – 20:30 h.
  • Primeiro Premio do VII Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo (2023)
  • Obras de Beethoven, Bach, Schumann e Liszt

LUNS 2 DECEMBRO 2024

  • ALEJANDRA DÍAZ (violoncello) – MISHA DACIC (piano)
  • Teatro Principal de Pontevedra – 20:30 h.
  • Obras de Brahms e Rachmaninov

XOVES 16 XANEIRO 2025

  • ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA
  • Auditorio Sede Afundación Pontevedra – 20:30 h.
  • Director: Markus Stenz
  • Solista: Joan Ibáñez (piccolo)
  • Obras de Farrenc, Liebermann e Schumann
  • Recollida de entradas socios: Días 14 e 15 de xaneiro no local da Sociedade Filarmónica (Rúa Tetuán, baixo Teatro Principal) de 17:00 a 20:00 h., ou o mesmo día do concerto no vestíbulo do Auditorio de Afundación a partir das 19:00 h.

LUNS 27 XANEIRO 2025

  • DIANA COOPER (piano)
  • Teatro Principal de Pontevedra – 20:30 h.
  • Primeiro Premio do VI Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo (2022)
  • Obras de Mozart, Chopin, Schumann e Granados

LUNS 24 FEBREIRO 2025

  • CUARTETO IBERIA (corda)
  • Teatro Principal de Pontevedra – 20:30 h.
  • Primeiro Premio do XI Concurso Internacional de Música de Cámara Antón García Abril
  • Obras de Boccherini, Shostakovich e Revel

LUNS 17 MARZO 2025

  • COSMOS QUARTET (corda)
  • Teatro Principal de Pontevedra – 20:30 h.
  • Primeiro Premio do Concurso “Irene Steels-Wilsing Foundation Competition 2018” de Heidelberg.
  • Obras de Britten e Brahms

LUNS 21 ABRIL

  • ORQUESTA JOVEN DE LA SINFÓNICA DE GALICIA
  • Auditorio Sede Afundación Pontevedra – 20:30 h.
  • Director: José Luis Gómez
  • Programa por confirmar
  • Recollida de entradas socios: Días 15 e 16 de abril no local da Sociedade Filarmónica (Rúa Tetuán, baixo Teatro Principal) de 17:00 a 20:00 h., ou o mesmo día do concerto no vestíbulo do Auditorio de Afundación a partir das 19:00 h.

VENRES 25 ABRIL 2025

  • REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
  • Auditorio Sede Afundación Pontevedra – 20:30 h.
  • Directora: Jessica Cottis
  • Obras de Raquel García-Tomás, Brett Dean e Beethoven
  • Recollida de entradas socios: Días 23 e 24 de abril no local da Sociedade Filarmónica (Rúa Tetuán, baixo Teatro Principal) de 17:00 a 20:00 h., ou o mesmo día do concerto no vestíbulo do Auditorio de Afundación a partir das 19:00 h.

MARTES 20 MAIO 2025

  • HAMBURGER ELBPHILARMONISCHES SEXTETT (corda)
  • Teatro Principal de Pontevedra – 20:30 h.
  • Sono Takuda (violín), Julius Beck (violín), Gabriel Uhde (viola), Laura Escanilla (viola), Fabián Diederichs (violonchelo) e Ángel García Jermann (violonchelo)
  • Obras de Brahms

LUNS 2 XUÑO 2025

  • SOCIEDAD CORAL POLIFÓNICA DE PONTEVEDRA
  • Teatro Principal de Pontevedra – 20:30 h.
  • Directora: Nannette Sánchez Ordaz
  • Concerto homenaxe á Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra con motivo do centenario da súa fundación
  • Polifonía profana, relixiosa e cancións populares galegas armonizadas


Esta programación poderá estar suxeita a variacións. Neste caso, a Xunta Directiva da Sociedade trataría de avisar con suficiente antelación aos socios.

Cotas: Adultos (12 euros/mes). Xuvenís (6 euros/mes). Para darte de alta como socio, podes facelo os días de concerto ou na páxina web www.filarmonicapontevedra.org

Está pasando!