Antonio Barros actuará este domingo na Gala da Lamprea

A LXIV Festa da Lamprea de Arbo comeza abrindo boca este domingo coa tradicional Gala da Lamprea

19 Abril 2024

Arbo xa está prepara para celebrar a LXIV Festa da Lamprea, unha cita arredor da cultura da lamprea que ten o prestixio de ser a festa gastronómica máis antiga de Galicia.

As celebracións serán do 26 ao 28 de abril, pero os actos comezarán este domingo 21 de abril ás 20:00 horas na Gala da Lamprea que acollerá o Auditorio do Centro Multiusos e que contará coa actuación de Antonio Barros.

Entre os agasallados están o equipo de Biberóns do Concello de Arbo, As patinadoras Arbenses, o Veterano de Fútbol de Arbo, o Equipo de futbol Sala Muebles 2000 F.S. e Manu Castro.

Tamén se fará entrega da máxima distinción que o Concello de Arbo outorga aos Irmans Puga e a A.C. Barca de Loimil.



A Festa da Lamprea é a manifestación e o valor dun pobo. Un pobo orgulloso das súas tradicións, da súa paisaxe, do seu patrimonio, da súa historia, da súa enogastronomía e da súa Festa Maior.

Arbo, podemos dicir que é a capital da Lamprea. Non existe constancia de ningún outro municipio en toda España que teña unha tradición tan antiga e arraigada arredor deste peixe prehistórico e misterioso.

Arbo celebra a LXIV edición da Festa da Lamprea, cunha ampla e variada programación, que terá lugar do venres 26 ao domingo 28 de abril.

DOMINGO 21 DE ABRIL

  • 18:00h. GALA DA LAMPREA, no Centro Multiusos de Arbo coa actuación de Antonio Barros (Canción popular galega).

VENRES 26 DE ABRIL

  • 17:30 h. Inauguración oficial de ARBOMOSTRA 2024
  • De 18.00 a 24.00 h. Visitas a ARBOMOSTRA
  • 18:00 h. Pasarrúas a cargo da Charanga NOROESTE
  • 20:00 h. Actuación do grupo PRYSMA na carpa ARBOMOSTRA
  • Pola noite, gran verbena coas orquestras PARÍS DE NOIA na Praza Consistorio e MIRAMAR na Rúa Luis Cubelas

SÁBADO 27 DE ABRIL

  • De 11:00 a 24:00 h. Visitas a ARBOMOSTRA 2024
  • 11:00 h. Pasarrúas a cargo da BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE ARBO
  • 12:00 h. Concerto pola BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE ARBO, na Praza Consistorio
  • 12:30 h. Recepción de autoridades no Concello
  • 13:00 h. Pregón
  • 13:30 h. Interpretación de himnos pola BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE ARBO, na Praza Consistorio
  • 13:30 h. Actuación do grupo A BANDA DO SEQUÍO na carpa ARBOMOSTRA
  • 15:00 h. Xantar da Lamprea
  • 17:00 h. Pasarrúas a cargo da Charanga CANTOS SOMOS
  • 20:00 h. Actuación do grupo MEL DE MEIGA, na carpa ARBOMOSTRA
  • Pola noite, gran verbena coas orquestras OLYMPUS na Praza Consistorio e CAPITOL na Rúa Luis Cubelas

DOMINGO, 28 DE ABRIL

  • De 11:00 a 24:00 h. Visitas a ARBOMOSTRA 2024
  • 11:30 h. Pasarrúas a cargo da charanga ENCERELLADOS
  • 12:00h. Pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas da A.C. A BARCA DE LOIMIL
  • 13:00 h. Actuación do grupo folclórico A.C. A BARCA DE LOIMIL, na Praza Consistorio
  • 13:30 h. Actuación do grupo O SON DAS TABERNAS, na carpa ARBOMOSTRA
  • 17:00 h. Pasarrúas a cargo da charanga ENCERELLADOS
  • 18.30 h. Actuación do grupo TONICHI Y PACHECO, na carpa ARBOMOSTRA
  • Pola noite, gran verbena coas orquestras ASSIA na Praza Consistorio e CHARLESTON na Rúa Luis Cubelas

EN CASO DE MAL TEMPO AS ACTUACIÓNS REALIZARANSE NO AUDITORIO DO CENTRO MULTIUSOS OU NA CARPA DA RÚA LUIS CUBELAS.



Está pasando!