Descubre os nove filmes da Sección Oficial de Novos Cinemas e aos membros do xurado

4 Decembro 2020

A quinta edición de Novos Cinemas – Festival Internacional de Cine de Pontevedra, que se celebrará entre o 15 e o 20 de decembro, presentou a súa Sección Oficial. Nove propostas, todas primeiras ou segundas obras, que aspiran a representar un dos posibles diagramas do cine contemporáneo máis creativo e arriscado.

  • ACCIDENTAL LUXURIANCE OF THE TRANSLUCENT WATERY REBUS | Croacia | 2020 | Dirección: Dalibor Barić
  • AIR CONDITIONER | Angola | 2020 | Dirección: Fradique
  • DRAMARAMA | USA | 2020 | 91’ | Dirección: Jonathan Wysocki
  • FORTALEZA | Italia | 2019 | 72’| Dirección: Ludovica Andò, Emiliano Aiello
  • IL N’Y AURA PLUS DE NUIT | Francia | 2020 | 75’ | Dirección: Eléonore Weber
  • MOSQUITO | Portugal, Francia | 2020 | 125′ | Dirección: João Nuno Pinto
  • SI YO FUERA EL INVIERNO MISMO | Argentina | 2020 | 92’ | Dirección: Jazmín López
  • TAL DÍA HIZO UN AÑO | Alemaña, España, Suíza | 2020 | 71’| Dirección: Salka Tiziana
  • THE TROUBLE WITH NATURE | Dinamarca, Francia | 2020 | 95′ | Dirección: Illum Jacobi

Visións traxicómicas sobre a decadencia dun pensador británico do século XVIII, relecturas sobre a comedia adolescente de transición ao estado adulto, cinema de xénero que axusta as contas cun pasado bélico e traumático non recoñecido oficialmente ou reflexións profundas sobre a relación que establecemos coas imaxes que consumimos son varios dos temas centrais que o público poderá atopar nestas nove longametraxes que compoñen a Sección Oficial da quinta edición o festival.

Accede aquí á Sección Oficial e descubre tódolos detalles sobre os filmes competirán esta edición na sección.

Quen formará parte do xurado?

O festival desvela tamén hoxe os nomes das integrantes dos xurados que outorgarán os premios desta quinta edición do festival. O Xurado Oficial, que outorgará o “Premio Novos Cinemas á mellor longametraxe da Sección Oficial” está formado pola programadora, escritora cinematográfica, docente e cineasta Elena Duque; o director e programador Pela del Álamo e a tamén directora Nuria Giménez, que clausurará esta edición do festival coa súa primeira película, My Mexican Bretzel, e terá un encontro co público para amosar os seus procesos de traballo.

O “Premio Xurado Novo á mellor dirección da Sección Oficial” será entregado por Fernando Areal Alvite, Alba Domínguez Serén, Miguel Gómez Abad, María Ramos Lamela e Ángeles Vidal Pallas, alumnado do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo; o “Premio da Crítica ao mellor filme das seccións competitivas” estará escollido nesta ocasión polos profesionais da crítica Ángel Suanzes, Toni Junyent e Mariona Borrull e o público decidirá co seu voto cal é o seu filme favorito desta sección.

Alén disto, a Sección Latexos terá tamén o seu propio premio en concepto de axuda á exhibición outorgado por un xurado conformado por representantes dos cinemas NUMAX (Xan Viñas), Zumzeig (Albert Triviño), Círculo de Bellas Artes de Madrid (Manuel Asín) e DUPLEX Cinema (Ramiro Ledo).

Está pasando!