Presentación de ‘Portugal no Camiño’ | © Concello de Sanxenxo

O espectáculo ‘Portugal no Camiño’ estrearase este mércores na Praza do Mar de Sanxenxo

30 Xullo 2024

O espectáculo ‘Portugal no Camiño’, organizado por La Oca Band, estrearase este mércores, 31 de xullo, na Praza do Mar de Sanxenxo. A cita, que se celebrará a partir das 22:30 horas e con entrada libre, presentouse onte no salón de plenos do Concello.

A edil de Cultura e Eventos, Elena Torres; o humorista Pepo Suevos e o músico vilalongués, Dani Dopazo, convidaron a veciños e visitantes a asistir ao espectáculo no que actuarán Lucía Pérez, Zé Amaro, Manquiña, A Oca Banda e outros artistas sorpresa. “Queremos facer unha homenaxe a todos os portugueses que ano tras ano nos visitan e esta é unha boa maneira de facelo”, explicou Torres.



O humorista Pepo Suevos explicou que do que se trata é de “poñer en valor” a relación entre galegos e portugueses. “A música é ou fío condutor do camiño e dunha relación duradeira non tempo entre portugueses e galegos”, dixo. “Trátase de facer unha festa popular, unha foliada masiva de galegos e portugueses”, asegurou.

Pola súa banda, Dani Dopazo destacou “a grande mistura entre os dous roteiros do Camiño e a música que vai facer que a xente que asista se vaia cun gran sabor de boca”.

Está pasando!