Presentación do Premio EnPoio Entroido 2024 | © Concello de Poio

Enpoio outorgará un premio de 200 euros ao disfrace máis elaborado durante o desfile de Entroido

5 Febreiro 2024

A asociación empresarial EnPoio outorgará un premio de 200 euros ao disfrace máis elaborado durante o Desfile de Entroido que este domingo organiza o Concello de Poio, que sairá ás 12.00 horas desde a Biblioteca Municipal para rematar na Praza da Granxa, en Campelo.

Desde o colectivo, que presentou esta iniciativa na Casa do Concello acompañado pola concelleira de Cultura e Educación, Natalia Sabarís, indican que o obxectivo é contribuír a dinamizar o Entroido de Poio e, ao mesmo tempo, aproveitar a súa repercusión para dar visibilidade aos seus socios. O premio consistirá en vales de compra para gastar en calquera dos establecementos adheridos á asociación. O xurado estará formado por tres persoas seleccionadas pola entidade.

Esta é a principal novidade que EnPoio pon en marcha este ano durante o Entroido, ademais tamén están organizando un entroido virtual nas redes sociais cun concurso de disfraces nas categorías adultos, infantil e mascotas, cun premio por valor de 50 euros tamén para gastar nun único establecemento adherido na asociación. Para participar hai que publicar unha foto en facebook ou instagram e etiquetar a Enpoio (@enpoio).

Está pasando!