'A viaxe feliz de Ramón Sanfiz' no Grove

mar23xul20:30'A viaxe feliz de Ramón Sanfiz' no GroveEspectáculo de Teatro a cargo de Fantoches Baj20:30 Concello do Grove - O Grove

Detalles do Evento

Fantoches Baj porá ne escena na Rúa Alcalde Xacobe Barral do Grove o espectáculo ‘A viaxe feliz de Ramón Sanfiz’.

Ramón Sanfiz, aventureiro e percusionista dunha orquesta de baile da mariña, disponse a percorrer un novo itinerario co seu triciclo.

No encontro co público cóntalle a viaxe que realizou desde a súa vila natal ata San Andrés de Teixido engarzando as diferentes historias que aprendeu dos habitantes que se foi topando polo camiño.

Para a narración apoiarase en diferentes técnicas do teatro de rúa: a música, os títeres, os romances de cego, o limberjack e o Kamishibai.

Este espectáculo forma parte do programa Cultura no Camiño 2024.

Hora

(Martes) 20:30

Localización

Concello do Grove

Está pasando!