‘Bichitos’ | Spasmo Teatro

‘Bichitos’, de Spasmo Teatro en Pontevedra

dom25out18:30‘Bichitos’, de Spasmo Teatro en PontevedraDomingos do Principal 202618:30 Auditorio do Pazo da Cultura - Pontevedra

Detalles do Evento

O domingo 25 de outubro, a compañía salmantina Spasmo Teatro abrirá o ciclo de teatro infantil e familiar Domingos do Principal. 

‘Bichitos’ é un espectáculo de humor xestual para toda a familia no que, en formato de documental teatral, coñeceremos mellor e aprenderemos a respectar e valorar os nosos pequenos veciños invertebrados.

Unha obra de teatro que sorprende pola súa cor e polo seu ritmo e que, ademais, ensina ás crianzas a importancia de coidar o medio ambiente.

Teatro xestual. Público familiar a partir dos 5 anos. Duración 60 min.

DOMINGOS DO PRINCIPAL

O ciclo de teatro infantil e familiar Domingos do Principal regresa cunha nova edición que se celebrará entre o 25 de outubro e o 15 de novembro. 

Nesta ocasión, por mor do cambio de localización desde o Teatro Principal ao Auditorio do Pazo da Cultura, todas as funcións terán un pase único ás 18:30 horas.

A carteleira deste ano reúne tres espectáculos a cargo dunha compañía procedente de Salamanca e dúas compañías galegas. Amais, o primeiro dos espectáculos, contará cun pase matinal o luns 26 de outubro, concertado con escolares de primaria.

DOMINGO 25 DE OUTUBRO

  • ‘Bichitos’, de Spasmo Teatro (Salamanca)

DOMINGO 8 DE NOVEMBRO

  • ‘O Libro da Selva. O musical’, de Ártika Cía (Galiza)

DOMINGO 15 DE NOVEMBRO

  • ‘O Monstro de Cores’, de A xanela do maxín (Galiza)

Xa están á venda en Ataquilla.com as entradas para cada un dos espectáculos a un prezo de 4 euros e tamén o formato abono a un prezo de 9 euros. A venda de abonos é exclusiva en liña.

As entradas contarán con venda física na billeteira do auditorio 1 hora antes de cada pase de non esgotarse na venda anticipada.

É preciso que todas as persoas asistentes conten cunha entrada independentemente da súa idade.

Hora

(Domingo) 18:30

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura

Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!