Xosé A. Touriñán presenta 'Moi Animal' en O Grove

sáb07nov18:30Xosé A. Touriñán presenta 'Moi Animal' en O GroveUn monólogo sobre animais que, en realidade, fala de nós18:30 Auditorio Municipal de O Grove - O Grove

Detalles do Evento

O sábado 7 de novembro, ás 18:30 e ás 21:00 horas, Xosé A. Touriñán trae ao Auditorio Municipal de O Grove o seu novo monólogo, ‘Moi Animal’.

En ‘Moi Animal’, Touriñán bótalle unha ollada á nosa peculiar relación co resto das especies: queremos os animais, comémolos, humanizámolos, protexémolos, poñémoslles roupa… e, se aparece un mosquito ás tres da mañá, intentamos asasinalo sen ningún remordemento.

Da aldea aos animais de compañía, dos lobos aos vexetarianos, da empatía aos therians, ‘Moi Animal’, é unha viaxe cómica polas contradicións dunha especie que se considera a máis intelixente do planeta… aínda que tampouco hai demasiadas probas.

Un monólogo sobre animais que, en realidade, fala de nós. Das nosas incongruencias, da maneira na que cambiamos e de como somos capaces de querer profundamente os animais… aínda que algúns nos gusten especialmente con patacas.

Porque igual o problema non é que sexamos animais.

O problema é que Touriñán é ‘Moi Animal’.

Entradas anticipadas á venda dende 23,76 euros en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 18:30

Localización

Auditorio Municipal de O Grove

Pasaxe Monte da Vila, 15, 36989 O Grove

Está pasando!