Xosé A. Touriñán presenta 'Moi Animal' en Vigo

dom08nov18:00Xosé A. Touriñán presenta 'Moi Animal' en VigoUn monólogo sobre animais que, en realidade, fala de nós18:00 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

O domingo 8 de novembro, ás 18:00 e ás 20:30 horas, Xosé A. Touriñán trae ao Teatro Afundación de Vigo o seu novo monólogo, ‘Moi Animal’.

En ‘Moi Animal’, Touriñán bótalle unha ollada á nosa peculiar relación co resto das especies: queremos os animais, comémolos, humanizámolos, protexémolos, poñémoslles roupa… e, se aparece un mosquito ás tres da mañá, intentamos asasinalo sen ningún remordemento.

Da aldea aos animais de compañía, dos lobos aos vexetarianos, da empatía aos therians, ‘Moi Animal’, é unha viaxe cómica polas contradicións dunha especie que se considera a máis intelixente do planeta… aínda que tampouco hai demasiadas probas.

Un monólogo sobre animais que, en realidade, fala de nós. Das nosas incongruencias, da maneira na que cambiamos e de como somos capaces de querer profundamente os animais… aínda que algúns nos gusten especialmente con patacas.

Porque igual o problema non é que sexamos animais.

O problema é que Touriñán é ‘Moi Animal’.

Entradas anticipadas á venda dende 19,44 euros en Ataquilla.com

Hora

(Domingo) 18:00

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!