‘Iribarne’ | @ Geraldine Leloutre

Butacazero presenta 'Iribarne' no Grove

sáb05abr18:00Butacazero presenta 'Iribarne' no GroveRede Galega de Teatros e Auditorios18:00 Auditorio Municipal de O Grove - O Grove

Detalles do Evento

Durante o primeiro semestre do 2025 da Rede Galega de Teatros e Auditorios, o sábado 5 de abril ás 19.00 horas no Auditorio Municipal do Grove, Butacazero porá en escena ‘Iribarne’.

A obra escrita por Esther F. Carrodeaguas e dirixida por Xavier Castiñeira, revisa a figura de Manuel Fraga en clave de humor.

Naceu como un proxecto de investigación escénica ao redor da vida e do percorrido político de Manuel Fraga Iribarne coa intención de entender non só a súa figura, se non descubriras implicacións que tivo -e segue tendo no noso presente- un dos nomes máis controvertidos e populares da nosa historia recente.



“Non é exactamente un biopic, pois non cabería nunha soa obra”, advirten Carrodeguas e Castiñeira, pero se que é un “paseo pola Transición camiñando xunto a un personaxe secundario, pero absolutamente imprescindible, da mesma.

‘Iribarne’ é un intento irreverente por comprender como chegamos ata aquí da man dun político que, nas súas propias palabras, dicía as verdades sen condón”, apuntan os creadores.

As entradas poderán adquirirse na Biblioteca Municipal o venres 4 de abril ou no propio Auditorio do Grove o sábado 5 de abril, de 18.00 a 19.00 horas.

Hora

(Sábado) 18:00

Localización

Auditorio Municipal de O Grove

Pasaxe Monte da Vila, 15, 36989 O Grove

Está pasando!