Guadi Galego | © Cris Padín

Concerto de Guadi Galego en Pontevedra

mér31xul22:30Concerto de Guadi Galego en Pontevedraciclo 'con voz de muller'22:30 Praza da Ferraría - Pontevedra

Detalles do Evento

Guadi Galego, The Vacas, Sheila Patricia, Malvela e as humoristas Ledicia Sola, Carmen Méndez e Marta Doviro chegan a Pontevedra ‘Con voz de muller’ entre o 31 de xullo e o 4 de agosto, dentro da programación estival das Festas da Peregrina.

As súas actuacións terán lugar de mércores a domingo ás 22.30 horas na praza da Ferraría, súmanse como novidade este ano, diversos pasarrúas deseñados e levados a cabo por mulleres da man de Troula, Brassica Rapa, Celme, Somdolilá e Bicoia.

A programación do ciclo ‘Con Voz de Muller’ é a seguinte:

MÉRCORES 31 DE XULLO

  • 20:30 h. Pasacalles de Troula
  • 22:30 h. Concerto de Guadi Galego

XOVES 1 DE AGOSTO

  • 20:30 h. Pasacalles charanga Brassica Rapa
  • 22:30 h. Concerto de The Vacas

VENRES 2 DE AGOSTO

  • 20:30 h. Pasacalles do grupo Celme
  • 22:30 h. ‘Sen restricións’. Noite de humor con Ledicia Sola, Carmen Méndez e Marta Doviro

SÁBADO 3 DE AGOSTO

  • 20:30 h. Pasacalles do grupo de percusión Somdolilá
  • 22:30 h. Concerto de Sheila Patricia

DOMINGO 4 DE AGOSTO

  • 20:30 h. Pasacalles da charanga Bicoia
  • 22:30 h. Concerto de Malvela



Guadi Galego regresa co seu espectáculo/xira ‘Síntese Horizonte’ que esgotou as localidades no seu paso polo Principal en abril, dentro da programación do ciclo ‘Resoan’.

The Vacas achega a súa última xira, ‘Rebobina Divas Live’. Neste novo espectáculo visten a escena e desempolvan as súas mellores roupas para a ocasión, rebobinando a memoria do tempo. É unha homenaxe a elas, aos profesores, ás divas do pop: Whitney, Celine, Monica, Britney, Beyoncé… mulleres que acompañaron momentos felices coas súas cancións, tantas horas de “guachinein” en voces entre irmás, co -obreiros, da vida e do amor. Apostan por unha iluminación espectacular, por traxes brillantes, feitos a medida, que potencian a teatralidade, ademais de utilizar novos elementos escenográficos.

A nota de humor vén da man de Ledicia Sola, Carmen Méndez e Marta Doviro nun monólogo ‘Sen Restricións.’ Ledicia Sola, Cármen Méndez e Marta Doviro son tres cómicas sen pelos na lingua que apostan por rirse de si mesmas, non tomar as cousas demasiado en serio e vivir nun estado permanente de euforia, taquicardias, risa e adrenalina. E todo isto con moito humor e un pouquiño de música. A fin de contas, non hai nada mellor no mundo que vivir “sen restricións”.

A pontevedresa Sheila Patricia retoma a actividade nos escenarios logo do parón motivado pola súa recente maternidade. Pontevedra é o seu regreso e nel poderemos gozar dos seus últimos lanzamentos como A nosa canción, adicada a súa filla e Movemento, o seu último sinxelo que chegou ás plataformas dixitais a principios de xuño e reivindica a liberdade de ser, bailar e amar como queiras.

O grupo de folk galego Malvela, nado en 2002, fará un percorrido pola súa carreira musical de máis de 20 anos.

Hora

(Mércores) 22:30

Localización

Praza da Ferraría

Praza da Ferraría, Pontevedra

Está pasando!