Concerto do Ballet de Galicia en Bueu

ven10xan19:30Concerto do Ballet de Galicia en BueuEntradiñas de Aninovo. Concertos de Nadal19:30 Centro Social do Mar - Bueu

Detalles do Evento

O venres 10 de xaneiro vaise celebrar un concerto do Ballet de Galicia, que terá lugar ás 19.30 horas no Centro Social do Mar de Bueu, nunha proposta de Entradiñas de Aninovo organizadas pola Deputación Provincial de Pontevedra.

ENTRADIÑAS DE ANINOVO

A Deputación de Pontevedra programa unha serie de concertos de Nadal en concellos da provincia de Pontevedra que se desenvolverán nos meses de decembro de 2024 e xaneiro de 2025.

Música que vai desde o repertorio clásico ao tradicional e popular, maioritariamente en galego, de agrupacións corais e artistas con algún vínculo coa provincia, cun repertorio participativo e acaído para esta época do ano para poder gozar en familia.



BALLET DE GALICIA

O Ballet de Galicia, baixo a dirección do mestre e coreógrafo Diego Landín, nace no ano 2017 como un centro integral de desenvolvemento enfocado na innovación e no emprendemento artístico, combinando unha faceta educativa dunha destacada actividade como compañía de danza e consolidándose no ámbito nacional e internacional co desempeño dun papel fundamental na provincia de Pontevedra

A Gala de Danza do Ballet de Galicia é un evento deseñado para cativar o público mediante a combinación de pezas clásicas e contemporáneas interpretadas por un elenco dun altísimo nivel. Esta proposta artística equilibra a tradición e a innovación, cun programa coidadosamente seleccionado para destacar a excelencia técnica e a emotividade de cada coreografía.

Contará con bailarinas e bailaríns de formación profesional, moitos deles premiados en certames internacionais, que achegarán a súa experiencia e carisma na posta en escena.

Hora

(Venres) 19:30

Localización

Centro Social do Mar

Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu

Está pasando!