Feminismo e Política. Faladoiros Feministas en Pontevedra

mar01abr19:00Feminismo e Política. Faladoiros Feministas en Pontevedra8M día internacional da muller19:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Os Faladoiros Feministas están promovios Concellaría de Igualdade no marco da programación do Concello de Pontevedra vencellada ao 8 de Marzo, que xira ao redor do lema ‘O feminismo mellora o mundo. Tamén para ti’.

Estes encontros, explica a concelleira de Igualdade, Anabel Gulías, abordarán a consecución do principio de igualdade no mundo do Deporte, a Política e a Cultura e o impulso e cambios que o feminismo conseguiu nestes eidos.

Todas as charlas-debates desenvolveranse na sala multiusos do Teatro Principal de Pontevedra, ás 19.00 horas. O acceso é libre ata completar aforo. Son as seguintes:

1.- Feminismo e Deporte. Mércores 26 de marzo coa karateca Ruth Lorenzo Couso. Na actualidade, número 1 do Ránking Nacional Absoluto da Real Federación Española de Kárate en kumite senior fem. -55 kg e Número 51 no Ránking Internacional da Word Karate Federation en kumite senior -55kg- . Modera a xornalista Lara Saéz.

2.- Feminismo e Política. Martes 1 de abril, coas parlamentarias autonómicas Paloma Castro (PSOE), Olalla Rodil (BNG) e Raquel Arias (PP). Modera a xornalista María Varela.

3.- Feminismo e Cultura. Martes, 8 de abril coas Tanxugueiras, o trío de pandereteiras formado por Aida Tarrío e as irmás Sabela e Olaia Maneiro. Modera a xornalista Chus Gómez.


Hora

(Martes) 19:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!