Festas do Carme en Marín

ven07xul(xul 7)00:00dom16xul(xul 16)23:59Festas do Carme en MarínConcello de Marín00:00 - 23:59 (16) Concello de Marín - Marín

Detalles do Evento

As Festas do Carme 2023 celebraranse do 7 ao 16 de xullo e terán grandes actuacións musicais como as de Abraham Mateo e as orquestras París de Noia ou Combo Dominicano, entre outras, ademais dunha intensa programación de dinamización para todas as idades, que incluirá moitas citas ineludibles para todos.

Unha delas, coma non, será o pregón que abra as Festas do Carme. A alcaldesa adiantou que o pregoeiro escollido para este ano será Javier Casal, xornalista nado en Marín en 1973 escoitado por milleiros de persoas a día de hoxe a través da radio, como locutor que dirixe o informativo Hora 14, que se emite de luns a venres na Cadena Ser.

O pregón será o sábado 8 de xullo e servirá de pistoletazo de saída ás festas, despois da véspera na que actuará Abraham Mateo.

O espectacular cartel desta nova edición das festas foirealizado pola artista marinense Belén Diz.



A programación completa por días das Festas do Carme 2023 pódese completar na web concellodemarin.es

XOVES 6 

  • 12:00 h. Programa HOY POR HOY da Cadena SER. Alameda

VENRES 7

  • 19:00 h. 2ª Festa do Viño das ADEGAS RIBEIRAS DO MORRAZO. Alameda
  • 20:30 h. Pasarrúas POUSOS DE AREA. Rúas de Marín
  • 22:00 h. TUNA da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela. Alameda
  • NOITE ESTRELA coa apertura do comercio ata as 00:00 h
  • 00:00 h. Concerto ABRAHAM MATEO. Parque Eguren

SÁBADO 8

  • 2ª Festa do Viño das ADEGAS RIBEIRAS DO MORRAZO. Alameda
  • 12:00 h. Misa na honra de SAN CRISTOVO na Igrexa Santa María do Porto acompañados por CHANEIROS. Ao remate bendición na Praza de España
  • 20:30 h. Batucada AXÉ BAHÍA. Rúas de Marín
  • 21:00 h. Lectura do PREGÓN a cargo de Javier Casal na Alameda
  • 22:30 h. Actuación musical LUCÍA PÉREZ na Alameda
  • 23:30 h. MARÍN DANCE FESTIVAL. Parque Eguren

DOMINGO 9

  • 2ª Festa do Viño das ADEGAS RIBEIRAS DO MORRAZO. Alameda
  • 12:30 h. Pasarrúas GRUPO DE GAITAS CARBALLIDO. Alameda
  • 20:30 h. Charanga JALÁCTICOS. Rúas de Marín
  • 21:30 h. LINGUA GUAPA. Parque Eguren

LUNS 10

  • 20:00 h. Mostra de ARTESANÍA (Ata o 17 de xullo). Alameda de Marín
  • 21:00 h. Pasarrúas AIRIÑOS DE SAN XULIÁN. Rúas de Marín

MARTES 11

  • 21:00h. Concerto da Banda de Música MUSIMARÍN. Alameda
  • 22:30 h. BATALLA DE FLORES NOCTURNA (Av. de Ourense, Praza de España, Almuíña, Jaime Janer)

MÉRCORES 12 

  • 12:30 h. Programa ONDA CERO en directo na Alameda
  • 20:30 h. Pasarrúas OS DE MARÍN. Rúas de Marín
  • 21:00 h. Actividade infantil do MAGO PACO. Alameda de Marín
  • 23:00 h. Espectáculo Musical COMBO DOMINICANO. Praza de España

XOVES 13

  • 11:30 h. Pasarrúas MAIS CANTOS. Mercado e Praza de Abastos
  • 20:30 h. Charanga NOROESTE. Rúas de Marín
  • 21:00 h. Actividade infantil TARABELOS. Alameda de Marín
  • 23:00 h. Espectáculo Musical PARÍS DE NOIA. Praza de España

VENRES 14

  • 20:00 h. Actuación TROMPOS OS PÉS. Alameda
  • 21:00 h. Actividade infantil de PACO NOGUEIRAS co espectáculo CANTO CONTIGO. Alameda
  • 23:00 h. Orquesta FURIA JOVEN. Praza de España

SÁBADO 15

  • 11:30 h. Pasarrúas CANTAREIRAS E GAITEIRO MODERNO. Rúas de Marín
  • 20:30 h. Batucada MARACUMBÉ BLOCO. Rúas de Marín
  • 21:00 h. Misa e Procesión en Seixo
  • 22:00 h. Espectáculo infantil MIGALLAS. Alameda
  • 23:00 h. Orquesta GALILEA. Praza de España

DOMINGO 16

  • 11:30 h. Pasarrúas PICUÍÑA. Rúas de Marín
  • 12:30 h. Misa na honra da Virxe do Carme coa Coral Lembranzas Igrexa Santa María do Porto de Marín
  • 13:00 h. Charanga OT na Alameda
  • 18:30 h. Ofrenda floral á Virxe do Carme. Saída do Concello
  • 19:00 h. Procesión da Virxe do Carme cos CHANEIROS e BANDA DE MÚSICA DE MARÍN
  • 21:00 h. Contacontos de POLO CORREO DO VENTO da Deputación de Pontevedra na Alameda
  • 23:00 h. Orquesta KUBO. Praza de España
  • 00:00 h. Gran tirada de FOGOS DE ARTIFICIO

Hora

7 (Venres) 00:00 - 16 (Domingo) 23:59

Localización

Concello de Marín

Marín

Está pasando!