This is a repeating event

TapeaPoio 2025

ven02maiConsultarTapeaPoio 2025II certame de tapas de Poio(Consultar: venres) Concello de Poio - Poio

Detalles do Evento

O certame de tapas TapeaPoio celebrarase do 2 ao 18 de maio en 20 establecementos repartidos por todo o municipio. Nesta segunda edición poderanse degustar un total de 24 tapas, a un prezo único de 4 euros, e en dúas categorías: tradicional e creativa.

Tras degustalas, os clientes poderán votar por cada unha delas, puntuándoa de 1 a 5, mediante un código QR exclusivo de cada local ou depositando unha papeleta nunha urna situada en cada local ao efecto. Só será válido un voto por persoa e tapa.

O xurado experto tamén valorará cada unha das tapas segundo diferentes criterios. Na modalidade creativa, ponderaranse os valores de innovación, técnica, presentación e orixinalidade, mentres que na tradicional, valorarase o uso de receitas tradicionais, a utilización de produtos de proximidade e a cercanía á identidade gastronómica galega.

A partir do día 18, recontaranse os votos do público e as valoracións do xurado para determinar as mellores tapas de cada modalidade. Haberá premios para as tapas máis votadas polo público e para as mellor valoradas por un xurado composto polos chefs Pepe Solla e Xosé Cannas (Pepe Vieira), a empresaria Marga Soliño e o blogueiro gastronómico Alberto Ribas (Alvientoo)

Todos os premios se entregarán nun acto que se celebrará o 2 de xuño no Pazo de Colón.



ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES E AS SÚAS TAPAS:

Os 20 establecementos participantes ofrecerán un total de 24 tapas -11 en modalidade creativa e 13 en modalidade tradicional- a un prezo único de 4 euros cada unha.

  • Bar Coral (Raxó), coa tapa “O Corvo viste de Millo” na modalidade tradicional.
  • Bodega O Bocoi (Combarro), con “Guiso de Parrochiñas con Millo” na modalidade tradicional.
  • Café-Bar Aquelo (A Seca – San Xoán), coa tapa “Paté de Mar” na modalidade tradicional.
  • Cafetería Ferreti (Raxó), coa tapa “Burger Morriña” na modalidade creativa.
  • Casa Angelita (Lourido – S. Salvador), con “Proxecto de Mar no Padal” na modalidade tradicional.
  • Casa Ces (Porteliña – S. Salvador), que ofrece dúas tapas: “Filloa de mar”, na modalidade creativa, e “A Gula do Xabaril” na modalidade tradicional.
  • Cervecería-Tapería Amura (Raxó), coa tapa “Sabores da Terra” na modalidade tradicional.
  • Chegar E Encher (San Xoán), coa tapa “Callos do Avó Ramón”, na modalidade tradicional.
  • El Barril (Combarro), con dúas creacións: “Cóctel do mar (camarón)” en modalidade creativa e “Croqueta do mar” en modalidade tradicional.
  • La Espuela Combarro (Combarro), tamén con dúas tapas: “Delicias do Mar” na modalidade creativa e “Mar e Terra” na modalidade tradicional.
  • Mirabous (Combarro), coa tapa “Barry Bacon Boom” na modalidade creativa.
  • Eirado Das Margaridas (Liñares – S. Xoán), cun “Falso Tomate Escalfado (umami)”, na modalidade creativa.
  • Novo Lar De Expósito (Samieira), coa tapa “Delicias de Polbo á Feira”, na modalidade creativa.
  • Peirao (Combarro), cun “Dueto de Mexillón” na modalidade creativa
  • Pinela Terraza (A Pinela – S. Xoán), coa tapa “Velas (Samosas de Sepia e Shitake)”, na modalidade creativa.
  • Restaurante Entrepedras (Combarro), coa tapa “Cazoliña Rey”, na modalidade tradicional.
  • Restaurante Evoca (Combarro), cunha tapa en cada categoría: “Batea Escabechada” en modalidade creativa e “Millo Corvo” na modalidade tradicional.
  • Restaurante Lameiriña (Raxó), coa tapa “Delicias de Bacallau” na modalidade tradicional.
  • Tintanegra (Combarro), coa tapa “Brioche de Rabo de Tenreira” na modalidade tradicional.
  • Torna (Combarro), coa tapa “Ceviche Marino” na modalidade creativa.

Toda a información sobre o certame en tapeapoio.gal

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Concello de Poio

Está pasando!