This is a repeating event

II Feira da Mascota en Pontevedra

sáb14setConsultarII Feira da Mascota en Pontevedra14 e 15 de setembro de 2024(Consultar: sábado) Recinto Feiral de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Recinto Feiral de Pontevedra acolle os días 14 e 15 de setembro a II Feira da Mascota coa que colabora a Xunta de Galicia, a Deputación e o Concello de Pontevedra. Está prevista a participación de todas as Protectoras de Animais de Pontevedra e a súa contorna. Ademais haberá stands, exhibicións, seminarios, charlas, concursos, zona infantil… e participará o monologuista Miguel Martín.

Esta feira, con entrada gratuíta, abrirá as súas portas de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 e as 21:00 horas, aínda que o domingo pechará media hora antes, ás 20:30 horas.


Presentación da II Feira da Mascota | © Concello de Pontevedra

A concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías explicou que «os tempos están cambiando» e hoxendía «as mascotas ocupan un espazo importante, non só nas nosas casas, senón tamén nas nosas cidades. De aí a idea de seguir apostando por esta feira da mascota, onde todas as persoas poderán atopar stands de complementos, empresas… para garantizar o seu benestar. Tamén será un punto de encontro entre certos debates que se producen no no o país, en Galiza, e me atrevería a dicir todo o Estado español, coa nova lei de benestar animal».

A rolda de prensa de presentación tamén contou coa participación do director xeral de Emprego, Pablo Fernández, que explicou que a Xunta de Galicia estará presente no evento cun espazo de apoio ao emprendemento ao entender que o das mascotas é un sector puxante a nivel empresarial. “Esta é unha industria puxante. Un de cada dous españois temos unha mascota nos nosos domicilios”, dixo Fernández, que asegurou que na comunidade hai máis animais domésticos que nacementos.


Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!