This is a repeating event

IV Punkativada en Soutomaior

sáb22agoConsultarIV Punkativada en Soutomaiorfestival para a xente miúda(Consultar: sábado) Peirao de Arcade - Soutomaior

Detalles do Evento

festival para a xente miúda regresa a Soutomaior os días 22 e 23 de agosto cunha programación pensada para que nenos e nenas, familias e público de todas as idades desfruten dunha fin de semana chea de música, teatro, humor e actividades creativas.

Dende o Concello de Soutomaior convidan a todas as familias a achegarse á Carballeira do Peirao de Arcade e desfrutar dunha cita pensada para compartir e gozar en familia nunha das contornas naturais máis emblemáticas do municipio.

O Punkativada comezará o sábado 22 de agosto con obradoiros creativos de ‘A que soa a lingua? Lingua Punki’, nos que os participantes poderán explorar a poesía e experimentar con tatuaxes, maquillaxes e peiteados punki. Ás 13:00 horas chegará o espectáculo ‘A Estrada’, de Natalia Outeiro Pajarito, e pola tarde será a quenda de ‘Historias para escangarriñarse’, de Teatro Ghazafelhos, ás 17:00 horas, e de ‘Comisión de festas’, de Brais das Hortas, ás 19:30 horas.

A programación continuará o domingo 23 de agosto con novas sesións dos obradoiros ‘A que soa a lingua? Lingua Punki’. Ás 13:00 horas terá lugar o concerto tributo ‘Lembra Xabarín’, unha proposta familiar que recupera a música e o espírito rebelde do Xabarín Club, mentres que ás 17:00 horas ‘Pan con chocolate’, de María da Pontragha, pechará a programación cunha sesión de contacontos que mestura sabor, memoria e imaxinación.

Con esta programación, o Punkativada chega á súa cuarta edición consolidándose como unha proposta cultural para a xente miúda, na que a música, o teatro, o humor e a lingua galega se combinan para ofrecer unha fin de semana diferente para toda a familia. Todas as actividades serán de balde.

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Peirao de Arcade

Lugar Peirao, 16 36690 Arcade Soutomaior

Está pasando!