Víctor Jara

Homenaxe a Víctor Jara en Vilagarcía

sáb12set19:00Homenaxe a Víctor Jara en VilagarcíaCarmen Prieto e artistas convidados19:00 Salón García - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

Músicos, poetas e artistas vilagarcianos e chilenos unen as súas voces nunha homenaxe ao cantautor Víctor Jara, o sábado 12 de setembro, no Salón García.

A cantante e actriz Carmen Prieto e o guitarrista Tito Cerda actuarán en representación do país andino e o cantautor Xosé Duarte e a poeta e pianista Raquel Senín pola parte vilagarciá.

A Mesa das Verbas organiza a actividade coa colaboración da Concellería de Cultura de Vilagarcía de Arousa e a través da xira promovida polo Ateneo de Pontevedra.

Este concerto de Vilagarcía, con entrada libre ata completar capacidade, forma parte dunha xira por Galicia que conta co apoio do Ministerio de las Culturas, las Artes y el Patrimonio do Goberno de Chile.

Carmen Prieto

Cantante e actriz chilena. Filla dunha avogada e dun violinista da Orquestra Sinfónica de Chile, a súa carreira musical desenvólvese desde finais dos anos 1980, e levouna o ofrecer concertos en moitos escenarios americanos e españois, presentando nomeadamente boleros e valses.

En dúas ocasións recibiu o premio da Asociación de Periodistas de Espectáculos de Chile á mellor intérprete popular: en 1993 polo seu disco ‘Me desordeno’, e en 2000 por ‘Deseos y encantos’. En 2004, participou na miniserie documental ‘De Neftalí a Pablo’, una historia de Pablo Neruda.

Hora

(Sábado) 19:00

Localización

Salón García

Rúa do Alcalde Rey Daviña, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!