Proxección de 'Maixabel' en Vigo

lun01abr19:00Proxección de 'Maixabel' en VigoCICLO CINE 'MULLERES' 202419:00 Sede Afundación Vigo - Vigo

Detalles do Evento

A Sede Afundación de Vigo acolle o luns 1 de abril, a proxección do filme ‘Maixabel’, de Icíar Bollaín, dentro do ciclo de cine ‘Mulleres’.

Maixabel Lasa perde no ano 2000 o seu marido, Juan María Jaúregui, asasinado por ETA. Once anos máis tarde, recibe unha petición insólita: un dos asasinos pediu unha entrevista con ela no cárcere de Nanclares de la Oca /Álava, onde cumpre condea tras romper lazos coa banda terrorista. A pesar das dúbidas e da inmensa dor, Maixabel accede a se atopar cara a cara coas persoas que acabaron a sangue frío coa vida de quen fora o seu compañeiro desde os 16 anos.

O ciclo de cine ‘Mulleres’ chega ás sedes Afundación de Pontevedra e Vigo cunha escolma de tres filmes protagonizados por mulleres que proxectan as súas ideas, sensacións e as súas problemáticas particulares para xerar un espazo onde observar distintas posturas, recursos, necesidades e discursos en clave de xénero. Elas son a parte relatora e activa destes tres traballos destacados da cinematografía actual, con importantes e numerosos premios no seu haber.

Reserva as túas entradas de balde en Ataquilla.com e colabora co programa solidario ‘Cultura por Alimentos’, unha iniciativa de Afundación en favor da Federación Española de Bancos de Alimentos Locais (FESBAL) . Poderás acceder ás proxeccións achegando unha doazón de alimentos non perecedoiros, como conservas, leite, aceite de xirasol ou alimentos infantís, que irán destinados ao Banco de Alimentos local.

A butaca reservarase ata 10 min antes do comezo da proxección.

Hora

(Luns) 19:00

Localización

Sede Afundación Vigo

Policarpo Sanz, 24 - 26 36202 Vigo

Está pasando!