Enseada e Isla de San Simón | © Concello de Redondela

This is a repeating event

Roteiros Ambientais en Redondela

ven06setConsultarRoteiros Ambientais en Redondelaroteiros e actividades a pé, en bicicleta ou en caiac(Consultar: venres) Concello de Redondela - Redondela

Detalles do Evento

Concello de Redondela ofrece no mes de setembro un total de nove actividades de ecoturismo e educación ambiental. Logo do éxito da programación de xullo e agosto, as concellerías de Turismo, Sostibilidade e Medio Ambiente continúan coas actividades que se realizan sempre con guía e contan cunha ampla proposta de roteiros e actividades a pé, en bicicleta ou en caiac.

A programación de setembro inclúe de novo rutas guiadas nocturnas que tiveron moi boa acollida entre o público nos meses de xullo e agosto. Nesta ocasión as visitas nocturnas serán aos ríos Pexegueiro, Fondón e Maceiras. Entre as novidades deste mes destaca unha actividade de Orientaventura en bicicleta no Chan das Pipas, o día 21 de setembro. A programación completa é a seguinte:

  • Martes 3: Caiac ambiental pola Enseada de San Simón. 20€/persoa.
  • Venres 6: Ruta nocturna polo río Pexegueiro. Natureza, muíños e lendas. De balde.
  • Sábado 7: Ruta ambiental Punta de Cesantes – Soutoxuste. De balde.
  • Venres 13: Ruta nocturna polo río Fondón. Natureza, muíños e lendas. De balde.
  • Sábado 14: Caiac ambiental pola Portela. 20€/persoa.
  • Sábado 14: Ruta nocturna polo río Maceiras. Actividade ambiental. De balde.
  • Venres 20: Ruta polo río Pexegueiro. Natureza, muíños e lendas. De balde.
  • Sábado 21: Orientaventura en bicicleta no Chan das Pipas (Saxamonde). Con bici propia 5€/persoa. Con bici do Concello 8€/persoa
  • Domingo 29: Ruta en bicicleta e observación de aves na Portela. Con bici propia 5€/persoa. Con bici do concello 8€/persoa.

A concelleira de Cultura e Turismo, Rita Pérez, destacou a “transversalidade” destas actividades “que apostan polo turismo ambiental, sostible e responsable con saídas para coñecer o espectacular patrimonio natural de Redondela”. O concelleiro de Sostibilidade, Roberto Villar, sinalou que o obxectivo destas actividades é “poñer en valor os recursos naturais de Redondela e tamén concienciar á veciñanza e ás persoas que nos visitan da importancia de respectar estes espazos naturais e axudar a conservalos”.

Para participar nestas actividades é preciso facer a inscrición previa na oficina de turismo, no teléfono 986 40 17 13 ou no enderezo electrónico turismo@redondela.gal.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Concello de Redondela

Está pasando!