VIII Congreso Flúor en Pontevedra

ven15maiConsultarVIII Congreso Flúor en Pontevedra“O valor de elixir”(Consultar: venres) Espazo Cultual 'O Sanatorio' - Pontevedra

Detalles do Evento

A cidade de Pontevedra converterase un ano máis no epicentro da industria creativa e do marketing dixital coa celebración da oitava edición do congreso Flúor, os vindeiros días 14 e 15 de maio, baixo o lema “O valor de elixir”.

Neste 2026, o congreso Flúor reunirá a máis de 25 expertos. O cartel inclúe a figuras destacadas como Javier Campopiano, un dos mellores creativos do mundo que se encargará da apertura; Adriana Domínguez, presidenta executiva de Adolfo Domínguez; Nacho Padilla, actual director de marca de Renfe; ou Ester Morell, Directora de Marketing e Comunicación de ILUNION. O broche de ouro porao o pontevedrés Santiago Miguélez, director de marketing de Estrella Galicia. Ademais, participarán marcas de gran prestixio como Cupra, Tous, Ducati e Viña Costeira.

A estrutura do evento tamén presenta novidades. O xoves 14, as conferencias individuais e dúas mesas de debate terán lugar no recinto habitual de Afundación, namentres a xornada do venres 15 trasladarase ao espazo creativo “O Sanatorio”. Alí desenvolverase un formato máis experiencial con catro obradoiros presenciais reducidos a 15 prazas cada un.

Nesta edición, a organización fai unha aposta decidida polo talento mozo da man da Universidade de Vigo. Levaranse a cabo dinámicas de speed dating para que o alumnado do campus de Pontevedra poida conectar con axencias e atopar oportunidades laborais.

A grande novidade será a I Olimpíada de Creatividade, na que participarán uns 100 alumnos resolvendo un briefing formulado por Nacho Padilla para a marca Avlo de Renfe. Os cinco equipos finalistas presentarán as súas propostas o venres ante un xurado composto por profesionais do talle de Padilla, Xisela López e Julián Abad.

As entradas para a oitava edición do Congreso Flúor xa se atopan á venda a través da web oficial congresofluor.com

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Espazo Cultual 'O Sanatorio'

Rúa Andrés Muruais, 9 - 36001 Pontevedra

Está pasando!