10ª Etiqueta Negra en Pontevedra

sáb07novConsultarlun09nov10ª Etiqueta Negra en Pontevedraa Feira do Gourmet Galego(Consultar) Recinto Feiral de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Etiqueta Negra, a Feira do Gourmet Galego, celebra dez anos de compromiso cos produtos de calidade elaborados en Galicia.

A programación, da que xa se pode consultar un avance en etiquetanegragourmet.com, contará con grandes nomes da nosa gastronomía, entre eles os chefs con estrela Michelin Pepe Solla, Iñaki Bretal, Yayo Daporta e Luis Veira.

A zona expositiva contará cun cento de expositores, con novas propostas e unha ampla variedade de produtos: viños, queixos, conservas, doces, mel, embutidos, cervexas… No programa xeral, a feira contará cun extenso número de propostas, entre elas: showcookings, catas, degustacións e experiencias arredor do produto galego.

Como novidade, a zona gastro estará localizada no exterior, na explanada superior do recinto, e conectada co comedor (no interior) na parte superior do recinto feiral, dando unha panorámica da feira privilexiada.

Etiqueta Negra celebrarase os días 7, 8 e 9 de novembro e estará aberta o sábado e o domingo, de 11:00 a 21:00 horas, e o luns, de 11:00 a 16:00 horas.

O prezo da entrada é de 3 euros por día e o abono para os tres días por 5 euros.

Tres días para saborear Galicia, descubrir novos produtos e celebrar a excelencia da nosa gastronomía.

Hora

novembro 7 (Sábado) - 9 (Luns)

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!