'Zepo Zapo' de Markeliñe en Vigo

dom22nov18:00'Zepo Zapo' de Markeliñe en VigoVIGOCULTURA 202618:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

A compañía Markeliñe porá en escena o espectáculo ‘Zepo Zapo’ no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, como parte da programación de Vigocultura.

Un espectáculo xestual, para público familiar, que conta a historia de calquera guerra. Ou mellor dito, a historia daqueles que son protagonistas nunha.

Zepo foise á guerra…E alí atopouse con outra coma ela pero distinta. Dúas soldados inimigas cara a cara. A “mala” é a outra. Ela é a estraña e a estranxeira. Pero así pensan as dúas. Que facemos entón?

A de Zepo e Zapo é unha guerra estraña, distinta da que se ve no cine ou na televisión, porque as protagonistas non necesitan disparar para dicir “aquí estou eu e son mellor ca ti” ou, ao revés “son peor ca ti”. Probablemente xa saben que as palabras, as miradas ou os xestos poden ferir máis que as armas.

Segundo transcorren as súas disputas, encontros e desencontros nese particular universo compartido, ocorre algo curioso entre soldados inimigos. É un segredo que cada unha garda como unha sensación inconfesable: “Por que somos inimigas se parece que nos gusta estar xuntas?”, pregúntanse sen dicilo.

Un marabilloso traballo de interpretación que consolida un espectáculo conmovedor e emotivo.

Prezo: 5 euros. As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):

  • A través de giglon.com
  • Na Papelería Folder Progreso (Rúa Progreso, 22, Vigo), en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30h. e de 16:30 a 20:00h., e os sábados de 10:00 a 13:30h.
  • El mismo día del espectáculo a partir de una hora antes del comienzo en la taquilla del Auditorio (siempre que hubiera entradas disponibles)

Hora

(Domingo) 18:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo

Está pasando!