Los Reinos del Ajedrez

Rafael Núñez


'Los Reinos del Ajedrez' é un cómic con temática de xadrez no que viaxaremos a través do espazo tempo para ver en primeira persoa as batallas máis apaixonantes vividas e protagonizada por unhas pezas animadas moi tolas e divertidas.

As historias aquí contadas son historias reais que transcorren sobre as 64 casillas.

Este cómic non che ensinará a xogar a un dos xogos máis antigos da humanidade, senón que mostrará o dinámico e divertido que é o xadrez, ilustrando partidas e xogadas reais dunha forma diferente.

Vai dirixido a todo afeccionado ao xadrez, que goce véndoo e xogándoo, xa que o máis importante nos Reinos é a diversión, a promulgación do xadrez e o xaque mate.

Este é un proxecto persoal que naceu durante o confinamento, deseñado, escrito e editado por Rafael Núñez (Marín) e ilustrado por Aitor Vidaurreta (Bilbao).

Se este primeiro capítulo ten éxito realizaranse máis volumes, ampliando o mundo de ‘Los Reinos del Ajedrez’.

‘Los Reinos del Ajedrez’ está á venda polo prezo de 8 euros e para realizar pedidos podedes contactar a través do mail losreinosdelajedrez@gmail.com. Realízanse envios por correo (gastos de envío non incluídos no prezo).

Está pasando!