Presentación do 9º Rock&Long Festival | © Concello de Sanxenxo

Montalvo acolle esta fin de semana a novena edición do Rock&Long Festival

25 Setembro 2024

Sanxenxo suma un novo evento a esta fin de semana. Fai xa nove anos que a música e o surf con longboard déronse a man en Montalvo co Rock&Long Festival. Unha iniciativa que se expuxo desde un primeiro momento polos seus organizadores, Toño Alarcón e Esmeralda Abal, de Kannion Surf, e Walter Nieto, deseñador de táboas de longboard, como un encontro entre os amantes do surf e a música. A inscrición péchase hoxe, mércores 25 de setembro.

O concelleiro de Deportes, Marcos Guisasola, xunto aos organizadores presentou a cita no local que servirá de escenario e de avituallamiento ao festival, o Kannion Surf. Este ano ás categorías Open, Kahunas e Keiki súmase a Junior, pensada para os nenos de 12 a 15 anos.



A praia de Montalvo acollerá os días 27, 28 e 29 de setembro a proba do circuíto nacional de longboard e proba do circuíto galego. O areal será o escenario onde os mellores longboraders españois pelexen por finalizar o máis alto posible na clasificación nacional.

Ademais, paralela á competición oficial da Federación Española de Surfing, o Rock & Long, contará cunha programación musical no bar Kannion Surf; o venres 27 poderase gozar desde as 21.30 horas coa música de Buxa e Mascada. O sábado 28 desde as 22.00 horas a música estará a cargo de Thee Blind Crows e Diego da Church DJset e o domingo 29 desde as 13.00 horas será a quenda de Flip Corale e Os Ladridos.

A inscrición inclúe a comida na praia con bocadillo de xamón asado, froita e auga. Pola noite, churrasco con sobremesa caseira no Kannion surf antes dos concertos e unha camiseta do festival. Hai opcións para veganos e celíacos.

Está pasando!