O batería catalán Joan Terol e o saxofonista vasco Gorka Benítez protagonizan a nova edición do ciclo ‘Jazz no Principal’

26 Marzo 2024

Dende que no ano 2004 o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, creara un ciclo de concertos no que se potenciaba aos novos valores do jazz galego chamado Jazz no Principal, este formato foi un dos principais responsables da boa saude que amosa o jazz no noso país.

Para esta ocasión o ciclo contará con dúas figuras tanto na sua faceta interpretativa coma docente. O batería catalán Joan Terol e o saxofonista vasco Gorka Benítez, todo uns referentes do jazz actual que se fai na península ibérica.



Como sempre estes artistas estarán acompañados dos novos valores do jazz galego, nus concertos únicos, que se celebrarán ás 21:00 horas no Teatro Principal de Pontevedra.

SÁBADO 6 DE ABRIL

Joan Terol & SPJ-Group

  • Joan Terol: batería
  • Alberto Rodríguez: saxo tenor
  • Javier Abraldes: guitarra
  • Daniel Corral: piano
  • Paco Charlín: contrabaixo

SÁBADO 20 DE ABRIL

Gorka Benítez & SPJ-Group

  • Gorka Benítez: saxo tenor
  • Helena Pardo: voz
  • Luis Felipe Fernández: saxo alto
  • Fernando Blanco: guitarra
  • Mauro Tissone: guitarra
  • Jorge Ruiloba: piano
  • Lolo Martínez: tuba
  • Alberto López: batería

Venda de entradas anticipadas para cada concerto ao prezo de 3 euros en Ataquilla.com e, o mesmo día, na billeteira do Teatro Principal 1 horas antes do concerto.

Os obradoiros terán lugar no local do SPJ (Rúa Alfonso XIII, 7 Pontevedra), en horario de 11:00 a 14:00 horas.

  • Sábado 6 de abril: Joan Terol
  • Sábado 20 de abril: Gorka Benítez

Entrada libre. Entregarase diploma acreditativo.

Está pasando!