O CCU Zona Monumental de Pontevedra celebrará o vindeiro 19 de xuño a súa tradicional Festa Fin de Cole

4 Xuño 2026

O venres 19 de xuño, o Centro Comercial Urbano Zona Monumental de Pontevedra celebrará a súa tradicional Festa Fin de Cole, unha tarde chea de actividades gratuítas para que os máis pequenos da casa poidan despedir o curso escolar divertíndose no casco histórico de Pontevedra.

As actividades desenvolveranse entre as 16.30 e as 20.30 horas en diferentes espazos da Zona Monumental:

  • Praza Valentín García Escudero: obradoiro de mandís
  • Praza Méndez Núñez: contacontos, actividades musicais, pintacaras e bebeteca.
  • Rúa César Boente: obradoiro de chaveiros.
  • Rúa Serra: inchables para nenos e nenas de diferentes idades.
  • Praza de Curros Enríquez: rocódromo e actividade de graffiti.

Como broche final á xornada, ás 19.30 horas celebrarase a tradicional Gran Festa da Escuma na Praza da Pedreira, unha das actividades máis agardadas polos participantes cada ano.

A participación será gratuíta, sendo necesario presentar un ticket de compra realizado nalgún dos establecementos asociados á Zona Monumental.

Con esta iniciativa, o CCU Zona Monumental quere agradecer a confianza das familias que apostan polo comercio local e ofrecer unha tarde de lecer e diversión para celebrar a chegada das vacacións de verán.

Está pasando!