Presentación do II Encontro do Viño Colleiteiro | Concello de Soutomaior

O II Encontro do Viño Colleiteiro de Soutomaior contará con 12 participantes e dous días de celebración

25 Maio 2026

  • O Encontro terá lugar os días 30 e 31 de maio no Campo da Festa de San Benito de Romariz.
  • Unha cita que ten como obxectivo poñer no lugar que merece a uva albariña de Soutomaior, unha uva que tantos colleiteiros e colleiteiras levan décadas coidando e mimando.
  • O día 29 de maio haberá unha actividade na xornada previa de visita ás adegas que participan neste encontro.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e o concelleiro de Festas, Gonzalo Outeiro, acompañados dos colleiteiros e colleiteiras do concello presentaron o II Encontro do Viño Colleiteiro de Soutomaior, un evento no que este ano se unen dous novos colleiteiros sumando así un total de 12 participantes. Una cita que se celebrará los días 30 e 31 de maio no Campo da Festa de San Benito de Romariz.

O principal obxectivo deste encontro é, da man dos colleiteiros e das colleiteiras de Soutomaior, poñer no lugar que se merece unha tradición como é a tradición de colleiteiros e viticultura de Soutomaior.

O alcalde dixo “presentamos o II Encontró do Viño Colleiteiro coa máis grande das ilusións e coa responsabilidade de todo o que nos aconteceu o ano pasado, o ano pasado arrancamos este proxecto porque aquí tiñamos un produto excelentísimo con moito potencia e moito que facer e da man de todas e todos os colleiteiros, este proxecto que ten como obxectivo poñer en valor a nosa terra, a produción, o modo de elaborar un produto que máis ala de ser unha subzona con nome e apelidos propia da D.O. eu creo que ten todo un universo de matices e de realidades que lle fan que todo o viño albariño de Soutomaior teña un percorrido que non nos podemos permitir que sexa outro xeito para poñelo no lugar no que corresponde”.

Pola súa banda, o colleiteiro, Oscar del Valle, dixo nesta xornada que “o encontro é posible grazas aos que levamos a cabo esta función estoica que seguimos facendo na casa o que sempre se facía os 365 días do año, non somos grandes bodegas pero somos capaces co noso patrimonio e as nosas uvas ser capaz de transformar o noso produto da mellor maneira posible e que guste. Temos un produto de identidade única e tradicional o que queremos é facer é, un ano máis, un recoñecemento e acompañamento a tanto traballo e tradición e historia e citarnos a todas e a todas na fin de semana para que todos poidamos degustar e desfrutar non soamente do produto que se elabora coa nosa uva senón dunha xornada de convivencia, de compartir e de desfrutar ao lado de tanta xente e na que poidamos desfrutar un pouquiño do agarimo e do mimo e do traballo que lle poñen a colleita na elaboración destes viños”.

Un encontro no que nesta edición participarán 12 colleiteiros/as do concello: Furancho Linchú (Vela), Furancho do Pazo María & Conrado (Comboa), Adega – Furancho do Músico (O Sobral), María Sobral (Romariz), Albariño da Baralla (O Val), A Casa de Lisa (O Sobral), Irmáns Lorenzo (O Sobral), Furancho O Maroco (Alxán), Aires de Verdugo (O Rial), A Peroxa (O Rial), Eido de Lombeira (O Rial) e Albariño do Rodeiro (Comboa).

Presentación do II Encontro do Viño Colleiteiro | Concello de Soutomaior

PROGRAMACIÓN DO II ENCONTRO DO VIÑO COLLEITEIRO

A xornada previa, o 29 de maio, está organizada unha actividade moi especial, a visita ás 12 adegas que participan neste encontro. Unha actividade que se desenvolverá de 18:00 a 19:00 horas e onde a veciñanza terá a oportunidade de 8 paradas para coñecer o territorio onde de produce o viño. Unha actividade de balde, con prazas limitadas (28), dirixida a público adulto (+18 anos). O punto de encontro do microbús na Casa do Concello de Soutomaior.

Xa, na fin de semana, este encontro do viño colleiteiro contará cos dous días de celebración. O sábado, 30 de maio, as casetas abriranse de 12:00 a 22:30 horas. Haberá espazo gastro-bar en horario de 12:30 a 16:00 horas e de 20:00 a 22:30 horas neste espazo haberá polbo, petiscos, churrasco e ostras e servizo de bar con refrescos.

Ao longo da xornada haberá moitas actividades entre elas a actuación musical con Francisco Castro e Valerio Araújo o sábado ás 13:00 horas.

Xa pola tarde ás 19:00 horas terá lugar a mesa coloquio ‘O Viño, patrimonio cultural’, da que formarán parte Iria Otero Mazoy, especializada na produción de viños en pequenas cantidades e María José Zafra González, docente no CIFP A GRANXA no Módulo Profesional de cata no Grao Superior de Vitivinicultura.

De 19:30 a 20:30h terá lugar unha nova actividade, ‘5MinutosDeViñoDeSoutomaior’, onde os colleiteiros/as presentarán o seu viño e participamos na cata rápida do 5 segundos: ver, Remover, Cheirar, Sorber e Saborear. Ás 20:30 horas chegará o directo de Bafana Bafana.

Xa na xornada do domingo 31 as casetas permanecerán abertas en horario de 11:00 a 16:00 horas. O espazo gastro-bar de 12:30 a 16:00 horas. e Ás 12:30 horas terá lugar a cita musical con Madalena Gamalha. A entrega de distincións e acto de peche terá lugar ás 13:30 horas, un evento que rematará coa música en direnco de Linchú.

Dende o Concello de Soutomaior convidan a todas e a todos a desfrutar deste II Encontro do Viño Colleiteiro. Manu Lourenzo ten claro que “será un éxito como a primeira edición”.

Está pasando!