Presentación do Nadal en Poio 2023 | © Concello de Poio

O Nadal en Poio inaugúrase este sábado ás 18:00 horas na Praza do Mosteiro 

30 Novembro 2023

O Nadal en Poio inaugúrase este sábado, 2 de decembro, na Praza do Mosteiro ás 18.00 horas. Arranca así toda a programación elaborada polo Concello de Poio para ofrecer un Nadal diferente, con personalidade propia, único, de todos e para todos.

Un Nadal con contido para todas as idades e en todas as parroquias, no que as Aldeas de Nadal van ser un punto de encontro e, o máis importante, para o que contan coa colaboración de todas as entidades e colectivos locais.

Así o explicou esta mañá o alcalde, Ángel Moldes, durante a presentación da programación de Nadal no exterior do Palacete de Besada, á que asistiron representantes de máis de cuarenta asociacións, colectivos e entidades locais, así como dos colexios do municipio, que colaboran co Nadal en Poio.

Como novidades, ademais das Aldeas de Nadal, inclúense un tren máxico que estará instalado na Seca, lugar onde tamén se instalará a carpa Poio Máxico entre o 22 de decembro e o 6 de xaneiro. Unha carpa na que haberá zona de xogos e obradoiros todas as tardes. Tamén incorporan a esta programación a despedida do Nadal cunha cabalgata o 6 de xaneiro.

“Queremos dar contido ás prazas e aos lugares máis emblemáticos de Poio”, e así nas sete Aldeas do Nadal que están repartidas en todas as parroquias organizaranse actividades nas que están implicados todos os colectivos: desde teatros, batucadas, obradoiros, belén vivente, contos, panxoliñas, música, chocolate quente… Todas as actividades son de balde.

Os Reis Magos farán dobre parada en Poio, o día 5 para visitar todas as parroquias, e o 6 para despedirse de todos os nenos de Poio e de toda a comarca desde Poio, cunha cabalgata moi participativa, coa colaboración das anpas e das comparsas, que rematará cunha gran festa de animación infantil no entorno da Carpa.



A programación de Nadal en Poio 2023, que vai do 2 de decembro ao 6 de xaneiro, é a seguinte:

SÁBADO, 2 DECEMBRO

  • 18.00h. INAGURACIÓN DO NADAL – A FEDELLENETA DJ E O TREN MÁXICO. Praza do Mosteiro Poio, San Xoán.

LUNS, 4 DECEMBRO

  • 16.30h. DECORACIÓN E OBRADOIRO DE NADAL – Todos ós públicos. Espazo Municipal Biblioteca Pública Poio – Campelo, San Xoán.

SÁBADO, 9 DECEMBRO

  • 16.30h. PASARRÚAS CON BATUKA “CANECOS”.
  • 17.30h. ALDEA MUSICAL DO NADAL con NELSÓN QUINTEIRO. Público Familiar. Aldea do Adro, San Salvador.

LUNS, 11 DECEMBRO

  • 11.30h – 12.00h. VISITAS DA “A FEDELLENETA DO NADAL” AOS CENTROS DE ENSINO. C.E.I. Infantil Galiña Azul – O Bao – C.E.I.P Viñas – Lourido – Isidora Riestra – Chancelas – Espedregada – I.E.S Poio.

VENRES, 15 DECEMBRO

  • 11.30h – 12.00h. VISITAS DA “A FEDELLENETA DO NADAL” AOS CENTROS DE ENSINO. C.E.I. Infantil Galiña Azul – O Bao . C.E.I.P Viñas – Lourido – Isidora Riestra – Chancelas – Espedregada – I.E.S Poio.
  • 17.00h. FESTIVAL DE NADAL con Bingo, Sorteos, Panxoliñas co coro da Casa Rosa, Baile co Trió Azabache e roscón – Persoas Maiores. Espazo Municipal Casa Rosa – San Salvador.
  • 17.30h. PASARRÚAS CON BATUKADA “OS QUEIMATASAS”.
  • 18.30h. ALDEA MUSICAL DO NADAL con NELSÓN QUINTEIRO – Público Familiar. Aldea dos Muiños, Samieira.

SÁBADO, 16 DECEMBRO

  • 11.30h. PASARRÚAS CON BATUKA “CANECOS”.
  • 12.30h. A FEDELLENETA DO NADAL con Tere e Javi Solla Animación – Público Familiar. Aldea das Palleiras, Combarro.

DOMINGO, 17 DECEMBRO

  • 17.00h. PAPANUELADA MOTEIRA. Organiza: Motoclube A Rosa Dos Ventos Polas estradas do municipio e remate na Carpa, A Seca. San Xoán.

MARTES, 19 DECEMBRO

  • 17.00h. OBRADOIRO CREATIVO “ADORNOS E CENTROS DE NADAL”. Inscrición previa no 986.872.401 – Público Adulto. Espazo Municipal Casa Rosa, San Salvador.

XOVES, 21 DECEMBRO

  • 17.00h. OBRADOIRO CREATIVO “O TEU GNOMO DE NADAL”. Inscrición previa no 986 872 401 – Público Adulto. Espazo Municipal Casa Rosa – San Salvador.

VENRES 22 DECEMBRO AO SÁBADO 6 XANEIRO

  • 16.30h. a 20.15h. “POIO MÁXICO” ZONA DE XOGOS E OBRADOIROS – Público Familiar. “Poio Máxico” Carpa, A Seca. San Xoán.

VENRES, 22 DECEMBRO

  • 12.30h. CONTOS DE NADAL na Biblioteca Municipal – Todos os públicos. Espazo Municipal Biblioteca Pública Poio – Campelo, San Xoán.
  • 13.30h. SORTEO LOTARÍA DO NADAL NA BIBLIOTECA MUNICIPAL. Espazo Municipal Biblioteca Pública Poio – Campelo – San Xoán.
  • 19.00h. CONCERTO MONIFATE – Público Familiar. Organiza: Ateneo Corredoira Aldea das Palleiras – Combarro.

SÁBADO, 23 DECEMBRO

  • 17.30h. BELÉN VIVENTE. Organiza: A.MM Rurais Santa Trahamunda. Contorna da Igrexia de San Martiño – San Xoán.
  • 19.00h. FESTIVAL DE NADAL DA ESCOLA DE ACORDEONS – ENTRADA SOLIDARIA. Organiza: A.C. Acordeóns de Campelo. C.C. M. M San Xóan de Poio, A Seca. San Xoán.

DOMINGO, 24 DECEMBRO

  • 11.00h. PAPÁ NOEL VIAXA NO TREN MÁXICO – Todos os públicos. Saída dende a Praza do Mosteiro – San Xoán
  • 12.30h. CONCURSO DE BELÉN TRADICIONAL E VISITA DO XURADO. Organiza: Ateneo Corredoira Praza de San Roque. Combarro.
  • 17.00h. a 19.00h. RECEPCIÓN PAPÁ NOEL E ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO DE TARXETAS DO NADAL – Público Familiar. “Poio Máxico” Carpa, A Seca. San Xoán.
  • 19.00h. CONCERTO DE PANXOLIÑAS CANTA NAS CROAS. Organiza: Ateneo Corredoira. Praza da Chousa, Combarro.

MARTES, 26 DECEMBRO

  • 18.00h. HOCUS POCUS co MAGO PACO – Público Familiar. “Poio Máxico” – Carpa, A Seca San Xoán.

MÉRCORES, 27 DECEMBRO

  • 17.00h. PASARRÚAS CON BATUKADA “OS VIKINGOS”.
  • 18.00h. A FEDELLENETA DO NADAL con Tere e Javi Solla Animación – Público Familiar. Aldea das Palleiras, Combarro.

XOVES, 28 DECEMBRO

  • 16.30h. PASARRÚAS CON BATUKADA “OS QUEIMATASAS”.
  • 17.30h. A FEDELLENETA DO NADAL con Tere e Javi Solla Animación – Público Familiar. Aldea da Vila, Raxó.
  • 18.00h. GALA DO CIRCO presenta Moura Teatro “Clowntaminación” con Rudi Dudi; “El autoestopista intergaláctico” con Aitor Garuz e “Sin medidas” con Jano Costas. Público Familiar. “Poio Máxico”, Carpa, A Seca. San Xoán.
  • 19.00h. CONCERTO DE PANXOLIÑAS – CANTA NAS CROAS – Público Familiar. Organiza: Ateneo Corredoira Aldea das Palleiras, Combarro.

VENRES, 29 DECEMBRO

  • 18.00h. “CANTOS E CONTOS DO NADAL”, coa cantante Uxía acompañada de Sergio Tanus e Santiago Cribeiro – Público Familiar. Espazo Municipal C.C. Xaime Illa – Raxó.

SÁBADO, 30 DECEMBRO

  • 11.30h. PASARRÚAS CON BATUKADA “OS VIKINGOS”.
  • 12.30h. A FEDELLENETA DO NADAL con Tere e Javi Solla Animación – Público Familiar. Aldea dos Muiños, Samieira.
  • 16.30h. PASARRÚAS CON BATUKADA “OS QUEIMATASAS”.
  • 17.30h. PEQUENO CIRCO DO NADAL con NELSON QUINTEIRO – Público Familiar. Aldea dos Patos, Lourido. San Salvador.
  • 19.00h. PASARRÚAS CON BATUKADA “OS QUEIMATASAS”.
  • 20.00h. PEQUENO CIRCO DO NADAL con NELSON QUINTEIRO – Público Familiar. Aldea das Badaladas, San Martiño – San Xoán
  • 21.00h. PRE FIN DE ANO E BADALADAS EN SAN MARTIÑO. Actuación das Pandereteiras do Ronsel FESTA NEÓN CON DJ ARROW. Mocidade. Colabora: I.E.S Poio. Contorna da Igrexia de San Martiño, San Xoán.

DOMINGO, 31 DECEMBRO

  • 12.30h. BELÉN VIVENTE. Organiza: Ateneo Corredoira Igrexia de San Bernardo, Combarro.
  • 17.30h. PASARRÚAS CON BATUKADA “OS VIKINGOS”.
  • 18.30h. ALDEA MUSICAL DO NADAL con NELSON QUINTEIRO – Público Familiar. Aldea da Capela, Campelo – San Xoán.

MARTES, 2 XANEIRO

  • 17.00h. PASARRÚAS CON “VIDES NOVAS”.
  • 18.00h. A FEDELLENETA DO NADAL con Tere e Javi Solla Animación – Público Familiar. Aldea da Capela, Campelo – San Xoán.
  • 20.00h. CONCERTO DE ANINOVO coa Coral de Poio – Coral Virxe de Fátima e Coro Virxe da Renda “Jazz a luz das candeas” interven Rosolino Martinello – Público Adulto. Mosterio de Poio – San Xoán.

MÉRCORES, 3 XANEIRO

  • 17.00h. PASARRÚAS CON “VIDES NOVAS”.
  • 18.00h. A FEDELLENETA DO NADAL con Tere e Javi Solla Animación – Público Familiar. Aldea do Adro, Adro da Igrexia – San Salvador.
  • 20.00h. MÁIS CANTOS DE REIS – Público Adulto. Colabora: Asociación Cultural MÁIS CANTOS. Espazo Municipal Palacete Besada – San Salvador.

XOVES, 4 XANEIRO

  • 17.00h. PASARRÚAS CON BATUKADA “OS VIKINGOS”.
  • 18.00h. A FEDELLENETA DO NADAL con Tere e Javi Solla Animación – Público Familiar. Aldea dos Patos, Lourido – San Salvador.

VENRES, 5 XANEIRO

  • 11.00h. SAÚDA REIS. Visita do TREN REAL e da comitiva polas parroquias de Poio. Ruta 1: San Salvador – San Xóan. Ruta 2: Raxó – Samieira – Combarro.
  • 19.00h. RECEPCIÓN REAL Carpa, A Seca – San Xoán.

SÁBADO, 6 XANEIRO

  • 18.00h. CABALGATA DE REIS. Colabora: ANPA Espedregada – ANPA Isidora Riestra – ANPA Chancelas ANPA Lourido – ANPA Viñas.
  • 19.30h. FESTA VEN DESPEDIR O NADAL! CON JAVI SOLLA. Carpa, A Seca, San Xóan.
Está pasando!