Rakayo Skate Open | © Rayako Crew

O Rakayo Skate Open chega á súa terceira edición con máis de 5.000 euros en premios

22 Maio 2024

A cita, organizada por Rakayo e Vello Lobo School, tivo que aprazarse a este sábado, 25 de maio, debido á choiva


Rakayo Skate Open cumpre este sábado a súa terceira edición con máis de 5.000 euros en premios. A cita organizada por Rakayo e Viejo Lobo School, coa colaboración do Concello de Sanxenxo, caracterízase polo seu formato novo, divertido e festivo no que o bo ambiente está garantido. Será este sábado, 25 de maio, cando se dean cita no skate park de Portonovo os participantes nas tres probas diferentes.

A proba dará comezo ás 10 horas cos competidores da modalidade skate sub-12 que dispoñerán de 2 roldas a realizar no bowl. Puntuarase cada rolda e elixirase a mellor puntuación. Haberá premios asegurados para todos os participantes.

A partir das 12 horas, celebrarase a Scooter Open na que haberá de 2 probas diferentes: Rolda Street na que o scooter dispoñerá de 2 roldas de 40 segundos para moverse por todo o skatepark na que se puntuará a súa mellor rolda e a Beststrick, na que o scooter dispoñerá de 3 intentos para facer o seu mellor truco no bowl. É un bonus para a puntuación final. Unha vez realizadas as dúas probas, sumaranse as dúas puntuacións e elixiranse aos 3 gañadores.

Pola tarde, de 16:30 a 20:30 horas, celebrarase o Skate Open na que os participantes dispoñerán de varias seccións onde se premian as 2 mellores puntuacións de cada modalidade. Haberá 4 modalidades e en cada unha delas haberá dous gañadores. Unha vez puntuadas as 4 seccións, os xurados seleccionarán aos 8 mellores competidores do Skate Open, e competirán entre eles na Skate Final.

A gran final será ás 21 horas con dúas probas:

  • O Rey do Flat: Os 8 mellores clasificados do torneo, onde disputarán un SK8 entre eles. Só haberá un gañador.
  • Rolda libre: Os 8 mellores skaters, mediranse en 2 roldas libres de 40 segundos polo skatepark. Puntuarase a mellor rolda de street e decidiranse os 3 mellores clasificados.

Ás 22 horas, terá lugar a entrega de premios aos 3 mellores clasificados de próbaa Skate Final e ao Gañador do Rey do Flat.

Está pasando!