O Surfing the Lérez inicia a súa montaxe lembrando o seu carácter solidario

10 Xuño 2024

  • A organización iniciou xa os traballos estruturais para poder acoller o festival musical esta fin de semana, que contará con artistas como Javier Lago, Nena Daconte, Hydn, Terbutalina, Ortiga ou Joe Crepúsculo
  • A entrada, como vén sendo habitual en todas as súas edicións, será de balde

A contorna da Illa do Covo servirá do escenario para o desenvolvemento do festival Surfing the Lérez nesta fin de semana. Durante dous días, bandas e artistas como The Rapants, Nena Daconte, Boyanka Kostova, Javier Lago, Juno, Hydn, Terbutalina, Meu, Ortiga ou Niños Mutantes encherán de música este espazo ao carón do Lérez.

A montaxe para que todo estea listo para o venres, 14 de xuño, xa comezou e poden verse as primeiras estruturas na zona. Alén destes preparativos, a organización lembra que o festival conta cun caracter solidario co que agarda superar as propias marcas de edicións anteriores. Todo aquel que se achegue até a Illa do Covo para gozar da música pode (e debería) achegar tamén algún tipo de alimento non perecedero para ser recollido pola Rede Axuda.

Trátase dunha iniciativa que se vén celebrando ao longo das distintas edicións deste evento e que sempre gozou de moito éxito.

A entrada para o Surfing the Lérez, evento apoiado polo Concello de Pontevedra, é totalmente de balde. De novo, o festival contará con catro escenarios, unha zona gastronómica e barras de bebidas.



Os horarios da súa primeira xornada, o venres 14 de xuño, son os seguintes:

  • 17:30 h. Javier Lago
  • 18:00 h. Djow / Amoebo
  • 18:40 h. Hydn
  • 19:20 h. Jordana B
  • 20:00 h. Neno Tribal
  • 20:20 h. Nena Daconte
  • 20:30 h. Chef Creador
  • 21:30 h. Boyanka Kostova
  • 22:00 h. Meu Cariño
  • 22:30 h. Capital Voskov
  • 22:40 h. Juno
  • 23:50 h. Grande Amore
  • 00:00 h. La Suprema
  • 01:00 h. Galician Army

Para o sábado 15 de xuño:

  • 12:30 h. Los Marcianos
  • 13:30 h. The Rapants
  • 14:30 h. Parking Dust
  • 14:55 h. Meu
  • 15:00 h. Caldo
  • 15:55 h. Lady Banana
  • 16:30 h. Karma DJs
  • 16:55 h. Agoraphobia
  • 17:55 h. Atención Tsunami
  • 18:30 h. Señora DJ
  • 18:55 h. Camellos
  • 20:30 h. Niños Mutantes / Baby Romeo
  • 21:00 h. Futuro Alcalde
  • 21:55 h. Terbutalina
  • 22:30 h. BB Wav + Elba
  • 23:05 h. Joe Crepúsculo
  • 00:15 h. Ortiga
  • 00:30 h. Maefield
  • 01:30 h. Gorllitox

Está pasando!