O Teatro espontáneo tínguese de violeta na súa cita de marzo, o xoves 27 no primeiro andar do Mercado de Abastos de Pontevedra

25 Marzo 2025

  • A representación, sen guión previo na que actrices, actores e público constrúen un relato colectivo, comezará ás 20.00 horas no primeiro andar do Mercado de Abastos
  • Trátase dunha iniciativa promovida pola Concellería de Benestar Social e desenvolvida pola asociación Inzar

A cita de marzo do Teatro espontáneo tínguese de violeta co gallo do 8M cunha proposta para falar, debater e reflexionar sobre igualdade.

Será este xoves, 27 de marzo, ás 20.00 horas, cando unha vez máis o primeiro andar do Mercado de Abastos converterase no escenario dunha experiencia que une liberdade, creatividade e convivencia e que, nesta ocasión servirá ademais para poñer o foco sobre o machismo.

O Teatro Espontáneo é unha iniciativa promovida pola Concellería de Benestar Social de Pontevedra Pontevedra en colaboración con la asociación Inzar.

Artéllase como un obradoiro mensual, que se desenvolve en dúas sesións. O terceiro xoves de cada mes celébrase unha sesión de adestramento en técnicas de escenificación, improvisación e teatro espontáneo na Casa Azul, en horario de 19.30 a 21.30 horas.

Unha semana máis tarde, o cuarto xoves do mes, o gastro-espazo do Mercado acolle unha representación pública deste teatro de improvisación.

É unha actividade aberta, polo que para participar tan só hai que acudir, non precisa de inscrición previa.

Está pasando!