This is a repeating event

VI Semana do Patrimonio Invisible de Pontevedra

xov16xulConsultarVI Semana do Patrimonio Invisible de PontevedraEspazos agochados de Pontevedra(Consultar: xoves) Cidade de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Semana do Patrimonio Invisible regresa a Pontevedra do 14 ao 17 de xullo, ofrecendo unha nova oportunidade para explorar os segredos de seis edificios emblemáticos da cidade.

Durante esas catro xornadas, o Concello ofrecerá 385 prazas, 19 máis que o ano pasado, en 24 visitas guiadas que descubrirán lugares onde é difícil entrar e onde se gardan numerosas curiosidades e segredos que permanecen escondidos durante todo o ano.

Esta iniciativa, que chega á súa sexta edición, ten como principal obxectivo facer accesible e visible o patrimonio cultural e histórico que habitualmente permanece pechado ou restrinxido ao público por motivos administrativos, comerciais ou de propiedade privada.

ESPAZOS CON PROPOSTAS RENOVADAS E AMPLIADAS

Pazo de Gago e Montenegro: ademais de visitar a histórica Imprenta Peón na planta baixa —negocio activo dende 1876 ata decembro de 2024 e onde se custodia a imprenta na que se tirou por primeira vez a obra “Os vellos non deben de namorarse” de Castelao en 1939—, esta edición incorpora como novidade un piso do pazo con elementos modernistas de gran valor e do Art Nouveau que mostran a estrutura orixinal das vivendas pontevedresas de finais do século XIX.

Convento de San Francisco: trátase dun dos espazos máis demandados na edición anterior e permite acceder á zona habitada actualmente como convento, á igrexa medieval, ao claustro e á súa tribuna.

Café Moderno Afundación: este edificio abrirá todas as súas dependencias dende o xardín posterior ata as súas diferentes plantas, revelando as historias de tertulias de intelectuais como Castelao ou Alexandre Bóveda e a súa relación con arquitectos de referencia como Alejandro de la Sota.

Instituto Valle-Inclán: un referente educativo da cidade que permitirá un percorrido completo dende as súas “catacumbas” e cimentos ata a parte máis alta, onde se situaba o antigo observatorio e que hoxe alberga a radio do instituto, ofrecendo vistas sobre a cidade.

Facultade de Belas Artes: os visitantes poderán acceder ao antigo Cuartel de San Fernando e Real Mestranza do século XVII, hoxe reconvertido en facultade artística.

Inmoble da rúa Churruchaos número 2: este pazo urbano do século XVIII, que acolle as oficinas técnicas do Concello, mostrará a súa profunda rehabilitación arquitectónica, caracterizada polo protagonismo da luz natural.

As visitas guiadas organizaranse en grupos reducidos de ata 15 persoas para asegurar unha adecuada calidade na explicación e protexer os bens patrimoniais.

inscrición, de carácter gratuíto e obrigatorio, habilitarase o xoves 9 ás 12:00 horas, a través da páxina web patrimonioinvisible.gal.

Cada persoa poderá reservar un máximo de tres visitas cun límite de dous pases por reserva para favorecer a participación de máis cidadáns nun programa que, dende o seu inicio en 2020, xa logrou abrir un total de 22 espazos históricos na cidade.

Hora

Consultar (Xoves)

Localización

Cidade de Pontevedra

Está pasando!