O gran ballet de “El Cascanueces” pasou este domingo polo Auditorio Mar de Vigo

Un mes de decembro e un comezo de 2024 cheos de música no Auditorio Mar de Vigo

18 Decembro 2023

  • O vindeiro ano, artistas e bandas como Pablo López, Malú, Ara Malikian, El Barrio, Coque Malla, Funzo & Baby Loud ou Valeria Castro aloumiñarán o recinto vigués coa súa presenza. Algúns deste eventos están a piques de esgotar as súas entradas
  • Pero antes, os clásicos terán un lugar importante dentro da programación navideña, desde o máxico ballet “El Cascanueces” ata o tributo á lendaria banda de rock Queen e as músicas máis memorables dos compositores John Williams e Hans Zimmer
  • Os momentos en familia virán patrocinados polo Gran Circo Acrobático de China, con máis de 30 artistas sobre o escenario, ou La Granja de Zenón, espectáculo estrela entre os máis pequenos
  • Toda a programación e información sobre as entradas pode atoparse na web do Auditorio Mar de Vigo

O 2023 estivo cheo de bos momentos, éxitos e diversión no Auditorio Mar de Vigo, por onde pasaron artistas da talla de Manolo García, Víctor Manuel ou Camela, tres grandes nomes que esgotaron as súas entradas e ofreceron ao público una experiencia única cos seus directos.

De cara ao novo ano, a programación seguirá con concertos que prometen alcanzar o éxito, como é o caso de El Barrio, que presentarán o 16 de febreiro o seu novo disco “Atemporal”, demostrando que a combinación entre o rock e o flamenco segue a ser tan forte e poderosa coma veu sendo ao longo de toda a súa traxectoria. Ningúen pode perderse tampouco a volta a Vigo de Ara Malikian a Vigo o 17 de febreiro. Un concerto para o que restan poucas entradas e unha cita enmarcada nunha xira onde o virtuoso violinista de renome mundial, recoñécese a si mesmo coma un neno que xoga cos sons que nacen da forma máis pura.

Marzo tamén promete regresos, como será o caso de Coque Malla, que abrazará de novo os escenarios listo para presentar un novo traballo cheo de luz, “Aunque estemos muertos”, o día 8 de marzo. Pablo López será o seguinte en pisar as táboas o 15 de marzo, listo para celebrar o décimo aniversario da súa carreira musical demostrando que o seu piano segue a soar coa mesa beleza, persoalidade e presenza de sempre. Haberá outros que chegarán, pero para despedirse, como será o caso de Funzo & Baby Loud que deixarán a súa pegada en Vigo o 16 de marzo durante a última xira do dúo. As entradas sairán á venda este domingo 17 de decembro ás 12.00 horas a través de Teuticket.

Un dos pratos fortes do 2024 será a actuación da artista recentemente nominada a un Goya, Valeria Castro, que estará no Auditorio Mar de Vigo o 13 de abril presentando a súa xira “con cariño y con cuidado”. Unha cita que adozará e conquistará a alma de todos os asistentes. Ao igual que Malú. Esta gran artista celebrará en Vigo o 25 aniversario do seu disco “Aprendiz” nun concerto que forma parte dunha xira cun ambiente cercano e persoal que non se volverá repetir en tempo, facendo un percorrido polo seu legado musical. As entradas para o seu concerto dentro deste “A todo sí – 25 años de Aprendiz” o 18 de maio xa están á venda.

Pero este 2023 non pode rematar doutra maneira que convidando ao público a emocionarse con obras tan destacables como a deste pasado domingo 17 de decembro: o famoso ballet “El Cascanueces” de Tchaikovsky segue a demostrar que un dos seus valores fortes é a preservación da tradición, ben sexa no ballet ou no vestiario, algo que nos acerca á experimentación da súa beleza no máximo expoñente. Tamén volverán cobrar vida as cancións da lendaria banda de rock Queen con The Vipers o 27 de decembro. Non é fácil homenaxear a unha lenda, e menos poñerse na pel dun artista como Freddie Mercury, pero este incrible show logra transportarnos a un lugar do mundo onde “Queen is alive”, e traernos o son máis orixinal e persoal da banda.

As orquestras clásicas e as mellores músicas de cine tamén serán protagonistas dentro da programación do Mar de Vigo. A Hollywood Symphony Orchestra trae o seu show “John Williams & Hans Zimmer” o 26 de decembro, onde repasan a obra destes dous xenios das bandas sonoras.

Pero sen dúbida, os plans en familia serán protagonistas indiscutibles este Nadal. Por unha banda, o Gran Circo Acrobático de China fará escena en Vigo para regalarnos un espectáculo único polo Nadal. Tras arrasar en Estados Unidos con máis de 30 grandes artistas en escena, entre eles, medallistas olímpicos e do Cirque du Soleil, estará en Vigo os días 23 e 24 de decembro con tres funcións. Os máis pequenos da casa poderán emocionarse tamén cos seus persoaxes favoritos de La Granja de Zenón, que trae ata o Auditorio “El Gran Gallo”, un espetáculo novo que contará con dúas sesión o 30 de decembro.

Toda a programación pode consultarse na páxina web do Auditorio Mar de Vigo. As entradas para todos os espectáculos están á venda a través de www.teuticket.com

Está pasando!