A VIII Andaina da Lamprea celebrarase o domingo 13 de abril en Arbo

17 Marzo 2025

Un ano máis e coincidindo cos actos previos á Festa da Lamprea, o Concello de Arbo organiza a VIII Andaina da Lamprea o domingo 13 de abril.

Trátase dunha experiencia moi recomendable na que, ademais de facer actividade física, gózase dunhas vistas inmellorables.

A actividade partirá da Praza Consistorial ás 9:30 horas para un percorrido de 12 quilómetros. Para participar nesta actividade (de dificultade media-alta), os interesados deberán abonar 10 euros.



A data límite para anotarse é o próximo 10 de abril ás 18:00 horas e pódese facer no Concello de Arbo, no Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo” ou a través do correo electrónico [email protected] (enviando a inscrición e o xustificante bancario de ingreso da taxa).

Os participantes na andaina recibirán agasallos e participarán na degustación de lamprea e viños das adegas de Arbo.

Está pasando!