Xavibo, Soulmacklein, Foyone e Vértebras achegan a música máis urbana a Monte Porreiro entre o 6 e o 7 de agosto

1 Agosto 2024

  • As actuacións darán comezo cada día ás 21:00 horas e serán, como é habitual, con entrada libre
  • A 4º edición deste ciclo, traerá entre outras sopresas a xuntanza dos membros do grupo pontevedrés Delahoja durante o concerto de Soulmacklein (ex componente da xa disolta formación)

O edil de Cultura e Festas do Concello de Pontevedra, Demetrio Gómez presentou esta mañá a que será a 4ª edición do programa ‘Urbana Monte Porreiro’.

“Vaise desenvolver coma sempre no Miradoiro de Monte Porreiro os próximos martes 6 e mércores 7 ás 21:00 horas cos mellores concertos de música urbana e, coido que este ano, cun importante salto de calidade nas bandas que veñen a presentar os seus espectáculos. Temos unha programación estival que quere chegar a todos os barrios e en Monte Porreiro, que é un barrio especial, un barrio populoso, quizais o barrio que queda máis afastado da cidade, queremos facer un esforzo especial porque teñan alí unha programación de moi alta calidade que podería se unha programación central en calquera cidade de Galicia” avanzaba o concelleiro antes de debullar a programación.



“O martes 6 temos dentro do ciclo Urbana un concertazo de Xavibo e Soulmacklein. Convidamos o mellor Hip-Hop que se pode atopar no Estado co mallorquín Xavibo que vén presentando o seu novo traballo ‘Papel de burbujas’ no que combina ese hip-hop dos seus comezos con músicas urbanas, pop e abre a paleta de cores que pode ser o seu espectáculo. Hai moitas persoas que agardan este concerto en Pontevedra e sobre todo o público máis novo vai estar presente en Monte Porreiro.

Combinámolo con Soulmmacklein, o representante pontevedrés neste festival de músicas urbanas. Soulmacklein, Loko23, estivo en Delahoja que quizais é o grupo con máis éxito dos últimos anos en Pontevedra, chegando a ser número 1 en Europa. Como Soulmacklein ten xa un E.P e estará presentando os primeiros temas do que vai ser o seu E.P no ano 25. A sorpresa que ía descubrir hoxe Camilo na rolda á que finalmente non puido asistir é que se van xuntar os compoñentes de Delahoja no concerto.

Para o mércores 7 temos a Foyone como cabeza de cartel, que é quizáis unha das referencias máis importantes deste momento do rap hispano falante que nos trae o seu disco ‘Demoni’. Non é un referente só da Península ou o Estado, senón en toda Latinoamérica.

Combinamos este día con Vértebras, que veñen desde Vigo e fan rap. Destacar que son mulleres, que son galegas e que utilizan o galego nas súas creacións e, como dixo onte Guadi, non se trata de programar só un espectáculo con mulleres nun escenario especial, senón que as creadoras galegas teñen que estar nos escenarios normais. Quizais nos escenarios da música urbana vence relegadas pero a nós gústanos facer un esforzo especial para que as artistas e nomeadamente as galegas, estean presente en todos os escenarios das festas do verán.”

Está pasando!