Pazo de Trasalba (Ourense) | Fundación Otero Pedrayo

A Biblioteca Municipal de Soutomaior organiza unha visita á Casa-Museo da Fundación Otero Pedrayo en Ourense

14 Maio 2026

Co gallo da celebración do “Ano Oteriano” polo aniversario do falecemento do escritor Ramón Otero Pedrayo, o vindeiro 28 de maio, a Biblioteca Municipal de Soutomaior quere pechar o curso dos clubs de lectura cunha visita guiada ao Pazo de Trasalba, sede da Fundación Otero Pedrayo.

É unha actividade, de balde, aberta a toda a poboación interesada maior de 18 anos, terán prioridade as persoas que actualmente pertencen a algún dos clubs de lectura da Biblioteca Municipal.

As visitas programadas serán ao: Parque Arqueolóxico Cultura Castrexa San Cibrao de Las é máis ao Pazo-Casa Museo de Otero Pedrayo en Trasalba, Ourense.

Inscricións en liña en soutomaior.gal dende o martes día 12 de maio ás 9:30 ata cubrir as 52 plazas (axuda para realizar as inscricións en liña na Biblioteca Municipal “Luís Seoane” de Soutomaior, sita en rúa Illas Alvedosas, 3)

A saída será ás 9:00 horas dende a Parada diante do Restaurante Múxica de Arcade con chegada á Arcade ás 18:30 horas (aprox.)

As persoas que participen nesta actividade deberán de levar da casa cadansúa comida (no espazo onde estaremos á hora de comer non hai nada onde poder mercar alimentos nin restaurantes).

Está pasando!