© Etiqueta Negra, edición do 2019

‘Etiqueta Negra. Gourmet galego e innovación inspiradora’ volve en decembro ao Recinto Feiral de Pontevedra

23 Novembro 2021

Na edición deste ano, que se celebrará os días 10, 11, e 12 de decembro,Etiqueta Negra. Gourmet galego e innovación inspiradora’, redeseña o espazo Feiral de Pontevedra para garantir a seguridade de todos os expositores, profesionais e público visitante, cun plan de seguridade específico que sigue as normas establecidas polas autoridades sanitarias.

Amplíanse os espazos para garantir a distancia social, será obrigatorio o uso de máscara, extremarase a desinfección e o reforzo da limpeza, habilatarase un circuito de entrada e saída para controlar o fluxo de visitantes… Con todas estas medidas teremos unha feira segura que tamén ofrecerá unha experiencia gastronómica inigualable.

Nos distintos stands poderanse atopar viños, licores, vermús, cervexas e outras bebidas sorprendentes como hidromel e refrescos 100% naturais, cafés, infusións, marmeladas, galletas, tortas, doces, xeados, produtos de quinta gama, aceites, queixos, patés, carnes, congro seco, caracois, embutidos, xamóns, conservas, legumes, salsas e aderezos, pans e empanadas e un sen fin de delicias que farán gozar ao padal.

A feira abre tamén as súas portas a un público cada vez máis especializado e esixente, que se informa para coñecer o que está a consumir, que lle gusta probar sabores e experimentar texturas novas.

Etiqueta Negra é tamén unha gran plataforma de negocio para as empresas do sector. Neste espazo de uso exclusivo para os expositores e profesionais, e ao longo das tres xornadas de feira, desenvolveranse numerosas reunións dos expositores con exportadores, distribuidores, tendas gourmet, restauradores, etc, como apoio ao acceso en novos mercados e a expansión dos seus negocios.

O horario de apertura do venres e sábado será de 11:00 a 21:00 horas, e o domingo de 11:00 a 20:00 horas.


Está pasando!