A festividade do Carme volve converterse en cartel da man da ilustradora Abi Castillo

26 Xuño 2021

581As Festas do Carme volverán encher de ledicia o municipio de Marín. Enmarcadas dentro da programación xeral dos tres meses de verán, son os días festivos máis relevantes da vila marinense, na que se honra á Virxe do Carme e na que se programan os pratos máis fortes a nivel musical e de dinamización.

As concelleiras Beatriz Rodríguez e Itziar Álvarez presentaron o cartel deste ano, realizado pola ilustradora Abi Castillo, que quixo enfatizar os elementos máis icónicos desta festa: as flores e as embarcacións, coidadas polas mans da Virxe, que sostén á tradición mariñeira. A imaxe poderá verse de xeito intercalado coa campaña de ‘Un Verán con Xeito’ polas principais rúas da vila, en formato de lonas!

Por outra banda, xa se pode consultar a PROGRAMACIÓN de ‘Un Verán con Xeito’, o verán de Marín, onde tamén se recollen as citas imperdibles dos días das Festas do Carme.


Cartel das Festas do Carme 2021 | Abi Castillo

‘Un Verán con Xeito’

O Concello de Marín volve apostar por un intenso programa de dinamización musical, cultural e de ocio que nos permita gozar dunha das estacións máis bonitas do ano no municipio, apoiando ao talento local e poñendo en valor as nosas rúas e prazas.

Un pequeno formato que revalidará o éxito do ano anterior, espallado por distintos puntos do centro urbano e cun marcado carácter local, para toda a familia e co obxectivo de gozar dun verán de festas, de solpores, de música, de praia e de xogos para os máis pequenos, tal e como se pode ler na campaña promocional lanzada polo Goberno local.

O establecementos de hostalaría que teñan interese en incluir a súa programación poderán facelo enviando os eventos a prensa@concellodemarin.es

👉 PROGRAMA ‘UN VERÁN CON XEITO’

Está pasando!