Concerto de Zeltia Irevire en Pontevedra

ven18set20:00Concerto de Zeltia Irevire en Pontevedraciclo 'Somos Música'20:00 Praza da Peregrina - Pontevedra

Detalles do Evento

A banda galega Zeltia Irevire abrirá o venres 18 de setembro o ciclo ‘Somos Música’, o programa de actividades paralelas á Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon.

Fundada en Santiago de Compostela en 2019, esta formación galega redefine as raíces musicais a través dun estilo propio bautizado como Folk Tribal.

A súa proposta fusiona a tradición e o blues mediante o uso de instrumentos acústicos —como o bodhrán, a caixa de pemento, o violín, a guitarra acústica e o bouzouki— combinados con sintetizadores e pedais de efectos.

Así mesmo, as súas letras actúan como un altofalante en defensa do patrimonio cultural e natural de Galicia.

A actuación terá lugar na Praza da Peregrina a partir das 20:00 horas, con entrada de balde.

‘SOMOS MÚSICA’, 14 CONCERTOS PARA AMENIZAR A GRAN FINAL

A programación do ciclo ‘Somos Música’, o combinado de espectáculos paralelos ás probas deportivas de tríatlon, está formada por 14 momentos musicais con Zeltia Irevire, Moi, Uxía Lambona, Hermanos Visi, Helena Egea, Purple, Fred Events DJ, Pablo Méndez Performance, Trifásica Band, Ortiga, Galician Army, De Ninghures e Panorama City.

Concertos en distintos formatos e lugares para ambientar musicalmente a cidade desde que comezan a chegar deportistas, uns días antes do inicio do campionato.

VENRES 18 SETEMBRO

  • 20:00h. Praza da Peregrina. ZELTIA IREVIRE
  • 21:15h. Praza de Ourense. MOI

SÁBADO 19 SETEMBRO

  • 19:00h. Praza da Ferraría. UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA
  • 20:00h. Praza de San Xosé. HERMANOS VISI
  • 21:15h. Glorieta de Compostela. HELENA EGEA

DOMINGO 20 SETEMBRO

  • 19:00h. Praza de Peregrina. PURPLE

LUNS 21 + MARTES 22 SETEMBRO

  • 18:00h. Praza de España. FRED EVENTS DJ

MÉRCORES 23 SETEMBRO

  • 18:00h. Praza da Ferraría. Inicio do Desfile
  • 19:00h. Praza de España. Inauguración do evento. PABLO MÉNDEZ PERFORMANCES e TRIFÁSICA BAND

JUEVES 24 SETEMBRO

  • 22:00h. Praza de España. ORTIGA

VENRES 25 SETEMBRO

  • 22:00h. Praza de España. GALICIAN ARMY

SÁBADO 26 SETEMBRO

  • 22:00h. Praza de España. DE NINGHURES

DOMINGO 27 SETEMBRO

  • 22:00h. Recinto Feiral. PANORAMA CITY

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Praza da Peregrina

Está pasando!