Presentación do libro ‘12 mulleres sen rostro’ na Estrada

ven18set20:00Presentación do libro ‘12 mulleres sen rostro’ na Estradada deseñadora ouzandesa Rosa de Cabanas20:00 Concello da Estrada - A Estrada

Detalles do Evento

O venres 18 de setembro, ás 20:00 horas no campo da festa de Ouzande (A Estrada), terá lugar a presentación do libro ‘12 mulleres sen rostro’, de Rosa de Cabanas.

Acto organizado pola Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande no que intervirán Xesús Domínguez (Editorial Galaxia), Paula Carballeira e a propia autora, Rosa de Cabanas.

Raíñas, nobres, bandoleiras, heroínas en batallas e revolucionarias; mulleres con vidas que se mesturan coas lendas e personaxes de lenda que puideron existir na realidade.

Mulleres que sufriron as consecuencias de ser muller e con historias reflexo de moitas outras que foron esquecidas. 12 mulleres sen rostro… Rosa de Cabanas imaxina estes rostros, para achegarnos non só unha cara, senón tamén unha historia.

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Concello da Estrada

A Estrada

Está pasando!