Aberto o prazo para participar nunha nova edición de ‘Salvaterra no Camiño’

21 Marzo 2025

Despois do éxito da pasada edición con preto de 100 participantes, o Concello de Salvaterra de Miño levará cabo un ano máis o evento deportivo, lúdico e cultural ‘Salvaterra no Camiño’.

Se no 2024 realizouse o trazado Francés nesta ocasión será o Camiño Portugués o elexido. O prazo de inscrición xa está aberto a través deste formulario.

O Camiño Portugués terá saída en Tui ou Porriño, segundo elección de cada peregrino, e rematará en Santiago de Compostela. Un total de 5 etapas que percorrerán por Tui ou Porriño, Redondela, Pontevedra, Caldas de Reis, Padrón e Santiago de Compostela.



O camiño comezará o mércores 16 de abril con saída dende o Concello de Salvaterra de Miño ás 08:00 horas e rematará o domingo 20 de abril, datas que coinciden coa Semana Santa.

O Concello de Salvaterra de Miño organiza o transporte, traslado de mochilas entre albergues e aloxamento para todos os participantes. O custo por peregrino é de 80 euros.

Está pasando!