Lorena Soto na presentación do 5º Ciclo de Cine de Inverno | Concello de Salvaterra de Miño

Arranca o 5º Ciclo de Cine de Inverno en Salvaterra de Miño

21 Xaneiro 2025

A Concellería de Cultura presenta a quinta edición do Ciclo de Cine de Inverno que se celebrará durante o vindeiro mes en Salvaterra de Miño.

Como en anteriores edicións o ciclo totalmente gratuíto inclúe a proxección de películas de estrea na Casa da Cultura de Salvaterra de Miño.

Os sábados ás 22:00 horas serán películas para o público adulto mentres que os domingos ás 17:30 horas dirixidas ó público infantil. Deste xeito achégase durante este mes unha alternativa de ocio cinematográfico para pasar as noites do sábado e as tardes do domingo.

Dende o 1 de febreiro ata o 2 de marzo, o público poderá gozar dunha oferta diferente que comeza a primeira fin de semana de febreiro coas proxeccións de ‘As Neves’ e ‘La Patrulla Canina: La Superpelícula’.

Nos vindeiros días achegarase a programación completa do ciclo.

Está pasando!