Cuntis presenta o cartel da XXV Festa do Lacón con Grelos, obra da artista local Tere Fernández Pena

5 Febreiro 2024

A artista Tere Fernández xunto ao alcalde Manuel Campos, a Tenente de alcalde Conchy Campos e o concelleiro Toño González presentaron o cartaz oficial da XXV edición da Festa do Lacón con Grelos que se celebrará en Cuntis o domingo 3 de marzo e que contará con moitas novidades.

A artista local Tere Fernández Pena foi esta vez a encargada do deseño do cartaz, para iso, inspirouse na famosa estatua da liberdade de Nova York a cal se converte esta vez nun canto a liberdade de papatoria como nos contou a artista.


Presentación do cartel da XXV Festa do Lacón con Grelos | © Concello de Cuntis

Contaba Tere que este ano a festa retrasouse no tempo e polo tanto, quixo facer referencia a esa liberdade de “ter un día de liberdade no medio da coresma para desfrutar deste prato típico galego”.

Outras das referencias que ten o cartaz son varios símbolos da vila termal como son a Igrexa de Santa María dos Baños de Cuntis, o Hotel “La Virgen” de Termas de Cuntis ou o Castro de Castrolandín. Tampouco faltan outros dous símbolos desta festa como son a camelia e a vespa, a primeira moi sinxela de atopar e a motocicleta só para os máis observadores.

Sen dúbida, un cartaz innovador e cheo de referencias as tradicións e emblemas da vila termal que da o pistoletazo de saída a un mes cheo de actividades e festa.


Está pasando!