O XIII Festival Internacional de Animación de Rúa Itineranta invadirá desde hoxe o centro da cidade de Pontevedra

17 Xullo 2024

Itineranta é un festival adicado aos espectáculos de rúa itinerantes, que se celebrará do 17 ao 19 de xullo nas prazas e rúas do centro histórico de Pontevedra, coa participación de dez compañías chegadas de diferentes puntos da península.

Coordinado pola compañía pontevedresa Troula, Itineranta converteuse nunha referencia dentro do país á hora de amosar e achegar espectáculos deste tipo, contando cun éxito no que cada ano se multiplica o número de espectadores.



Consulta o programa completo do XIII Festival Internacional de Animación de Rúa Itineranta, así como os percorridos na web oficial do evento itineranta.com

MÉRCORES 17 DE XULLO:

  • ‘The Yetis’ – Campi Qui Pugui (Lleida)
  • ‘LudiNautes’– Produccions Scura (Vila Real)
  • ‘Elipsión’ – El Carromato (Cádiz)

XOVES 18 DE XULLO:

  • ‘Custodios’ – Asaco Producciones (Navalmoral De La Mata)
  • ‘Rats’ – Campi Qui Pugui (Lleida)
  • ‘Acid’ – Sound de Secà (Cervera)
  • ‘Hexagonum’ – Troula (Vigo)

VENRES 19 DE XULLO:

  • ‘Rag & Bone’ – Xip Xap (Lleida)
  • ‘Andante’ – Markeliñe (Amorebieta)
  • ‘Aukera’ – Bambolea (Madrid)
  • ‘Nit Mâgica’ – Xarxa Teatre (Vila Real)
Está pasando!