Este sábado 3 de decembro ás 12:00 horas o Concello de Gondomar inaugura a súa pista de xeo natural

2 Decembro 2022

A pista de xeo natural de Gondomar estará aberta dende o 3 de decembro de 2022 ata o 8 de xaneiro de 2023 na Pista Polideportiva A Feira (ao lado do Pavillón Deportivo Municipal Bernabé Costas).

Coa entrada terás dereito a unha sesión 45 minutos: os 15 minutos iniciais e finais destínanse ao cambio de patíns.

O uso dos patíns están incluídos en todas as entradas.

Obrigatorio o uso de luvas. Recomendable roupa de abrigo e calcetíns de reposto.

Ademais pódense alugar casco e apoios.

Os menores de idade terán que ir acompañado de unha persoa adulta.

Consulta de horarios e reserva de entradas aquí.

Para os grupos superiores a 20 persoas ou excursións,  deben poñerse en contacto na seguinte dirección de email: alcaldia@concellodegondomar.gal 


Está pasando!