Celebración do Día de Colón en Combarro | Concello de Poio

11º Día de Colón en Poio

ven09maiConsultarsáb10mai11º Día de Colón en PoioFesta medieval que revindica a orixe galega de Colón(Consultar) Praza da Chousa, Combarro - Poio

Detalles do Evento

A undécima edición do Día de Colón celebrarase o vindeiro venres e sábado, 9 e 10 de maio, en Combarro, organizado polas asociacións Combrus, Leucoíña e Vides Novas, coa colaboración do Concello de Poio.

Unha festa cunha programación moi completa, atractiva e para toda a familia que supón un revulsivo e dinamizador socioeconómico moi importante para o concello fóra da tempada alta, ademais de seguir defendendo a teoría da orixe galega do almirante que, insisten, está moi documentada.

O escritor Rodrigo Costoya Santos, autor da novela “Portosanto”, será o pregoeiro dunha edición que arranca o venres, ás 17.00 horas na Praza da Chousa coa apertura do mercado artesanal. Unha xornada na que tamén se inclúe unha exhibición de cetrería e a chegada da Nao Santa María con Colón e a súa tripulación acompañados por músicos e outros artistas.

Xa o sábado, haberá moito espectáculo na rúa, xusta medieval, tiro con arco, esgrima, concerto, obradoiros… e outros xogos e actividades para toda a familia que farán do Día de Colón en Combarro unha experiencia única.



PROGRAMA DO DÍA DE COLÓN 2025

Venres, 9 maio

  • 17.00 h. Apertura do mercado artesanal. Praza do Portosanto (Praza da Chousa).
  • 19.00 h. Exhibición de cetrería: “Las Águilas de Valporquero”. Praza do Portosanto (Praza da Chousa).
  • 20.00 h. Chegada da Nao Santa María con Colón, a súa tripulación, músicos e outros artistas. Praza do Portosanto (Praza da Chousa).
  • 20.30 h. Lectura do pregón a cargo de Rodrigo Costoya Santos, autor da novela “Portosanto”.
  • 21.15 h. Bailes medievais (Asociación Leucoíña). Praza do Portosanto (Praza da Chousa).

Sábado, 10 maio

  • 11.00 h. Apertura do mercado artesanal. Talleres demostrativos: canteiros, cesteiras, palilleiras, redeiras… Clases de esgrima medieval. Lugar: Praza do Portosanto (Praza da Chousa). Exhibición e obradoiro tiro con arco (Arco Xeve). Lugar: Praia de Punta Galea (Praia do Padrón).
  • 11.30 h. Comezo da Festa dos Meniños. Lugar: Praza do Almirante (Praza do Alcalde). Zona infantil na Praza do Portosanto (Praza da Chousa).
  • 12.00 h. Durante todo o día artistas percorrerán as rúas con música e trucos (Vides Novas, Escola de Música Tradicional de Poio, Os Mendigos…). Bailes medievais (Asociación Leucoíña). Lugar: Praza do Portosanto (Praza da Chousa).
  • 12.30 h. Exhibición de esgrima histórica (Sala Viguesa de Esgrima Antigua). Lugar: Praza de Portosanto (Praza da Chousa). Teatro polas rúas, con Moura Teatro, acompañados de percusión, gaiteiros, cantos…
  • 13.00 h. Exhibición de cetrería: “Las Águilas de Valporquero”. Lugar: Praza do Portosanto (Praza da Chousa).
  • 16.00 h. Exhibición e obradoiro de tiro con arco. Lugar: Praia de Punta Galea (Praia do Padrón).
  • 16.30 h. Carreira de barrís e de sacos, lanzamento de alpacas… (Grupo Carnaval Samieira). Lugar: Praza do Portosanto (Praza da Chousa). Músicos e artistas percorren as rúas: Pandereteiras do Ronsel, Os Queimatasas, Os Mendigos, Escola de Música Tradicional de Poio).
  • 17.00 h. Exhibición de esgrima histórica (Sala Viguesa de Esgrima Antigua). Lugar: Praza de Portosanto (Praza da Chousa).
  • 17.30 h. Exhibición de cetrería: “Las Águilas de Valporquero”. Lugar: Praza do Portosanto (Praza da Chousa).
  • 18.30 h. Xusta Medieval (Especialistas Hípica Celta). Lugar: Praza de Portosanto (Praza da Chousa).
  • 20.00 h. Concerto música medieval “Os Mendigos”. Lugar: Praza San Salvador (Praza San Roque).
  • 21.00 h. Espectáculo medieval de Lume. Lugar: Praza de Portosanto (Praza da Chousa).


Hora

maio 9 (Venres) - 10 (Sábado)

Localización

Praza da Chousa, Combarro

Praza da Chousa, s/n 36994 Combarro

Está pasando!