This is a repeating event

2ª Mostra de 'Teatro de Barrio' en Pontevedra

mér02out20:302ª Mostra de 'Teatro de Barrio' en Pontevedraciclo de teatro afeccionado20:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Teatro Principal de Pontevedra acolle un ano máis o ciclo de teatro afeccionado ‘Teatro de Barrio’. Serán cinco espectáculos, de creación propia, protagonizadas por diferentes grupos de teatro pertencentes a diferentes parroquias da cidade e concellos próximos

Terán lugar o xoves 26 e venres 27 de setembro e os días 2, 3 e 4 de outubro ás 20.30 horas. As entradas xa están á venda a un prezo simbólico de 2 euros en Ataquilla.com e, de non esgotarse, unha hora antes de cada pase na billeteira do Principal.



XOVES 26 SETEMBRO

“Triste chegada” do grupo Amileños (Moraña)

Unha comedia costumista, ambientada na Galiza interior que amosa a convivencia dunha aldea, o traballo dos xornaleiros/as, a volta da emigración dunha veciña chegada das Américas logo de 8 anos aló, as relacións dos veciños, etc.

“Este grupo está conformado por 12 veciños entre os que podemos atopar unha avoa e un neto”.

VENRES 27 SETEMBRO

“Que facemos con mamá?” do grupo Salcedo Norte

Cando os nosos maiores se volven dependentes é preciso acadar un complicado consenso familiar. Aflorarán os máis variados sentimentos: preocupación, indiferenza, desleixo, hipocrisía… Todos terán que colaborar no coidado da avoa, serán quen de facelo axeitadamente?

Unha comedia contemporánea que fai reflexionar sobre a problemática social e visibiliza e concienciencia sobre a enfermidade do Alzheimer.

“Todas as obras que representa este grupo son creadas por eles. Escollen un tema social e constrúen a peza teatral. Este grupo é un dos que comentaba ao comezo, que dinamizan a parroquia organizando mostas de teatro ”, apunta Solla.

MÉRCORES 2 OUTUBRO

”Os limpas” de Expresión Teatro (Mourente)

Unha comedia xestual, trepidante, creativa e moi dinámica que non vai deixar indifernte ao público. Uns limpadores transforman o seu traballo nun mundo único de creación, orixinalidade, xogo e humor onde nada é o que parece, sorprendendo constantemente.

“É unha obra familiar a que poden vir con nenos e nenas, con moitos efectos sorprendentes, diferente. A xente sae eufórica. É unha invitación a disfrutar co neno interior”.

XOVES 3 OUTUBRO

“A chegada de Carmiña ” da Aula Municipal de Teatro da Illa de Arousa

Carmiña chega a súa casa despois de estar emigrada. Esta comedia costumbrista de ambiente mariñeiro conta a reflexa a vida mariñeira dunha aldea que ben podría ser a Illa de Arousa, as duras condicións que as veces obrigan a emigrar e os pintorescos persoaxes desta vila.

“O grupo está conformado por preto de 15 veciños entre os que se atopan 3 rapazas novas”.

VENRES 4 OUTUBRO

”Resart, Residencia de artistas” do grupo Lúa Chea (Poio)

(Homenaxe @s maiores do grupo, baseada na compañeira que foi para unha residencia pero sigue con nós).

Resart é unha residencia de artistas actores, actrices , cantantes, etc. e teñen en común que todos foron compoñentes do grupo “Lúa Chea”. Todos estan cerca dos 100 anos algún ata xa os pasou pero manteñen as súas ilusións, teimas e desexos de seguir ensaiando, actuando, etc.

Comedia emotiva.

Hora

(Mércores) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!