Exposición ‘Lume’ en Vilagarcía | © Afundación

Exposición 'Lume' en Vilagarcía

xov04xulConsultarmér31xulExposición 'Lume' en VilagarcíaMostra fotográfica sobre os incendios en Galicia(Consultar) Alameda de Vilagarcía - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

Durante todo o mes de xullo, a explanada fronte á Alameda de Vilagarcía acolle unha exposición realizada por Afundación, en colaboración co colectivo cultural Ollo.

Titulada ‘Lume’ é unha impactante mostra fotográfica sobre a realidade e as consecuencias dos incendios en Galicia.

‘Lume’ propón unha mirada crítica e reflexiva arredor dun problema medioambiental que asola o noso país de maneira endémica: a destrución do monte galego e do seu ecosistema. As súas causas, alegan os autores da mostra, son multifactoriais (sociais, políticas, económicas, administrativas e medioambientais), como tamén son múltiples os seus efectos. O seu eixe central: o prexuízo da vida e da memoria.

A través de fotografías tomadas longo de quince anos por profesionais da imaxe en Galicia, trázase unha narrativa común que apela ao espectador, amosándolle un imaxinario común dende unha óptica próxima e honesta, pero tamén sensible e reflexiva, xerando preguntas e pensamento ao redor das causas e das consecuencias.

Os autores son fotoperiodistas das principais cabeceiras galegas e nacionais: Vanessa Casteleiro, Óscar Corral, Agostiño Iglesias, Brais Lorenzo, Adra Pallón, Oscar Pinal, Paula Quiroga. En total son 13 paneis e cada fotografía se acompaña dun texto do fotógrafo no que se aportan as súas reflexións, ademais da localidade e data na que se fixo a fotografía.

Hora

xullo 4 (Xoves) - 31 (Mércores)

Localización

Alameda de Vilagarcía

Avda. da Mariña, s/n - 36600 - Vilagarcía de Arousa

Está pasando!