Actuación de O Combo Dominicano en Poio

xov01ago23:00Actuación de O Combo Dominicano en Poiocampo de fútbol Río de Bois (samieira)23:00 Concello de Poio - Poio

Detalles do Evento

Concello de Poio continúa programando propostas itinerantes polas diferentes parroquias do municipio, coas que dinamizar a actividade socioeconómica e encher de vida todos os lugares do municipio, con propostas variadas e de calidade.

Dentro desta programación, a orquestra El Combo Dominicano actuará o vindeiro xoves, 1 de agosto, en Samieira. Será a partir das 23.00 horas no campo de fútbol Río de Bois.

O alcalde, Ángel Moldes, e os concelleiros Fran Dasilva e Manuel Domínguez, reuníronse con representantes da Comisión de Festas de Samieira, do Grupo de Carnaval de Samieira e do Club Ciclista de Samieira para presentar o concerto e comezar con todos os preparativos.


Presentación da actuación do Combo Dominicano | © Concello de Poio

A orquestra canaria, unha das máis recoñecidas actualmente no mundo das verbenas, traerá ata Samieira o seu último espectáculo, Adrenalina Tours, un show cun novidoso repertorio musical e cunha nova proposta escénica.

Na contorna de Río de Bois habilitaranse aparcamentos disuasorios sinalizados para favorecer a mobilidade e o acceso seguro ao recinto do concerto e facilitar o acceso a todas as persoas que se esperan, xa que esta é unha das orquestras que cada verán mobilizan a un maior número de persoas para disfrutar dos seus espectáculos.

Hora

(Xoves) 23:00

Localización

Concello de Poio

Está pasando!